Os informes en formato PDF poden visualizarse con Adobe® Acrobat® Reader 7.0 ou superior.
Pinche sobre as barras para despregar o contido.
Desplegar todas.Plegar todas.
O CONSELLO DE CONTAS CELEBRA O SEU XV ANIVERSARIO DEBATINDO O CONTROL EXTERNO PÚBLICO PARA O SÉCULO XXI
O Consello de Contas de Galicia celebrou o 4 e 5 de maio de 2006 en Santiago, os actos de conmemoración do XV aniversario da súa creación mediante a celebración dunha reunión sobre o Control Externo Público para o século XXI, na que se debate o futuro dos órganos de control externo. Preto de medio cento de conselleiros de Contas de distintas comunidades españolas, e tamén de Brasil, catedráticos de Dereito e Economía de distintas universidades do país e máis parlamentarios galegos, compartiron e intercambiaron opinións no Hostal dos Reis Católicos.
Esta celebración supuxo, segundo a organización “unha oportunidade para reunir a un importante número de protagonistas e analistas do control externo público”. Para iso deuse unha visión estatal, autonómica e dos usuarios destes órganos de control, comparando as experiencias nacionais coas dos homólogos brasileiros. E tívose en conta tamén a imaxe que os analistas teñen destes organismos, desde a súa experiencia de traballo.
Tras unha sesión de apertura, presidida polo conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Fernández e o conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Luciano Fariña; foi Francesc Vallés, membro da Comisión Mixta do Tribunal de Contas no Congreso dos Deputados quen pronunciou a conferencia de apertura, A posición institucional do control externo público no novo século.
O resto da xornada dedicouse a dous paneis de debate que se centraron en proporcionar unha visión plural do control externo público e, a imaxe que os analistas de control teñen destes organismos.
Os actos de celebración do XV aniversario do Consello de Contas remataron o venres día 5, cun acto institucional no Parlamento de Galicia, presidido por Dolores Villarino e un xantar de honra celebrado no Pazo de Adrán.
D. Xosé Ramón Fernández Antonio Conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia Intervención
D. Luciano Fariña Busto Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia Intervención
D. Francisco Torres Cobo Conselleiro do Consello de Contas de Galicia Intervención
CONFERENCIA DE APERTURA: A POSICIÓN INSTITUCIONAL DO CONTROL EXTERNO PÚBLICO NO NOVO SÉCULO
D. Francesc Vallés Vives Membro da Comisión Mixta do Tribunal de Contas no Congreso dos Deputados Intervención
O CONTROL EXTERNO PÚBLICO:UNHA VISIÓN PLURAL
D. Daniel Barata Quintas Conselleiro do Consello de Contas de Galicia Intervención
D. Ramón Álvarez de Miranda García Conselleiro do Tribunal de Contas de España Intervención
D. José Antonio Orza Fernández Deputado do Parlamento de Galicia Intervención
D. Luiz Sérgio Gadelha Vieira Secretario da Asociación dos Membros dos Tribunales de Contas de Brasil (ATRICON) Intervención
Dña. Marta Fernández Currás Interventora Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia Intervención
D. Xaquín Álvarez Corbacho Conselleiro del Consello de Contas de Galicia Intervención
A ACTIVIDADE DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO PÚBLICO NA VISIÓN DOS ANALISTAS
D. Francisco Constela Acasuso Conselleiro do Consello de Contas de Galicia Intervención
Dña Paloma Biglino Campos Catedrática de Dereito Constitucional. Universidade de Valladolid Intervención
D. Francesc Vallés Vives Membro da Comisión Mixta do Tribunal de Contas no Congreso dos Deputados Intervención
D. Vicente Montesinos Júlve Catedrático de Economía Financiera y Contabiliddad. Universidad de Valencia Intervención
D. Helio Saul Mileski Conselleiro del Tribunal de Contas del Estado do Rio Grande do Sul. Brasil Intervención
Dña. Dolores Villarino Santiago Presidenta del Parlamento de Galicia
D. Luciano Fariña Busto Conselleiro Maior del Consello de Contas de Galicia