Indice
- Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia (artigo 53)
- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas
- Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia
- Normas reguladoras das relacións entre o Consello de Contas e o Parlamento de Galicia aprobadas pola Mesa do
Parlamento
- Lei 4/1986, do 26 de decembro, de modificación da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas
- Sentencia do Tribunal Constitucional, 18/1991, do 31 de xaneiro
- Orde do 23 de novembro de 1999, da Consellería de Economía e Facenda, da Xunta de Galicia, pola que se
modifica a do 1 de decembro de 1989 pola que se implanta un novo sistema de información contable na Xunta de Galicia
- Circular do 9 de decembro de 1999, da Consellería de Economía e Facenda, da Xunta de Galicia, de normas
relativas á documentación a render ó Consello de Contas
- Índice analítico
1. LEI ORGÁNICA 1/1981, DO 6 DE ABRIL, DE ESTATUTO DE AUTONOMÍA PARA GALICIA (ARTIGO 53)
53.1. Corresponde á Xunta ou Goberno a elaboración e
aplicación do presuposto da Comunidade Autónoma galega, e ó
Parlamento o seu exame, emenda, aprobación e control. O presuposto
será único e incluirá a totalidade dos gastos e ingresos da
Comunidade Autónoma galega e dos organismos, institucións e
empresas dela dependentes.
53.2. Sen prexuício do disposto no artigo 136 no apartado d) do
artigo 153 da Constitución, créase o Consello de Contas de Galicia.
Unha lei de Galicia regulará a súa organización e funcionamento e
establecerá as garantías, normas e procedementos para asegura-la
rendición das contas da Comunidade Autónoma, que deberá
someterse á aprobación do Parlamento.
2. LEI 6/1985, DO 24 DE XUÑO, DO CONSELLO
DE CONTAS
( DOG no 130, do 9 de xullo de 1985 )
O Estatuto de Autonomía de Galicia asume o poder presupostario
da Comunidade Autónoma nos artigos 10, B) e 53. Así mesmo, o
artigo 17, a) da Lei Orgánica de Financiación das Comunidades
Autónomas recoñécelles a estas competencias normativas, de acordo
cos seus respectivos Estatutos, na «elaboración, exame, aprobación e
control dos seus presupostos...».
Os artigos 136 e 153 d) da Constitución consideran ó Tribunal de
Contas como supremo órgano fiscalizador das contas e da xestión
económica do Estado e do sector público, atribuíndolle o control
económico e presupostario das Comunidades Autónomas.
A Lei Orgánica de Financiación das Comunidades Autónomas no
seu artigo 22 reitera o disposto no artigo 153 d) da Constitución e
complétao ó sentar que o control económico e presupostario da
actividade financeira das Comunidades Autónomas pode concorrer
tanto no Tribunal de Contas coma noutros sistemas e institucións de
control de carácter comunitario.
Tendo en conta o anterior, é posible non só que cada
Comunidade Autónoma cree os seus propios órganos de control
interno, isto é, os seus propios órganos interventores, senón
tamén órganos de control externo.
Por outra parte, é unha realidade que o control político da
actividade, en xeral, de cada Administración Autonómica e o da
execución dos seus propios presupostos, en especial, corresponden a
cada Asamblea lexislativa territorial.
O Estatuto de Autonomía de Galicia no seu artigo 53.2 prevé a
creación dos seus propios órganos de control económico e
presupostario externo, ó sinalar: «Sen prexuício do disposto no
artigo 136 e no apartado d) do artigo 153 da Constitución, créase o Consello de Contas de Galicia. Unha lei de
Galicia regulará a súa organización e funcionamento e establecerá as garantías, normas e
procedementos para asegura-la rendición das contas da
Comunidade Autónoma, que deberá someterse á aprobación do
Parlamento».
Por todo o cal, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de
conformidade co artigo 13.2 do devandito Estatuto e co artigo 24 da
Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
Presidente, promulgo, en nome de El Rei, a Lei do Consello de
Contas.
Titulo I Competencias
Artigo 1. Competencias.
- O Consello de Contas de Galicia, como órgano de
fiscalización das contas e da xestión económico-financeira e
contable, exercerá a súa función en relación coa execución dos
programas de ingresos e gastos do sector público da Comunidade
Autónoma.
- Depende directamente do Parlamento de Galicia e exerce
as súas funcións con plena independencia e sometemento ó
ordenamento xurídico. (1)
(1) Vid. Artigo 53, do Estatuto de Autonomía de Galicia. (BOE número 101, do
28 de abril de 1981).
Art. 2. Ámbito de actuación.
Ós efectos desta Lei, compoñen o sector público da Comunidade
Autónoma:
- )A Administración Autonómica e os seus organismos
autónomos. (2)
(2) Vid. Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de Normas reguladoras da
Xunta e do seu Presidente. (DOG número 23, do 21 de marzo).
Vid. Artigo 81.5 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades.
(BOE número 307, do 24 de decembro).
- ) As Entidades Locais e os seus organismos autónomos, así
como as empresas públicas dependentes das mesmas, no ámbito
competencial das institucións de autogoberno. (3)
(3) Vid. Lei de Galicia 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. (DOG
número 149, do 5 de agosto).
- ) As empresas públicas, calquera que sexa a súa forma
xurídica, dependentes da Administración Autonómica. (4)
(4) Vid. Artigo 12 da Lei de Galicia 10/1996 do 5 de novembro, de actuación de entes e
empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta en materia de persoal e contratación.
(DOG número 227, do 20 de novembro).
- )As Corporacións a que se refire o número 29 do artigo 27
do Estatuto de Autonomía de Galicia. (5)
(5) Vid. Decreto 46/1999, do 11 de febreiro, de procedemento para a liquidación e
extinción das Cámaras da Propiedade Urbana e do seu Consello Xeral. (DOG número 142, do
21 de xullo).
Vid. Lei de Galicia 1/2000, do 10 de xullo, de réxime xurídico das Cámaras Agrarias. (DOG
número 142, do 21 de xullo).
Vid. Lei de Galicia 9/1993, do 8 de xullo, de Normas reguladoras das Confrarías de
Pescadores. (DOG número 134, do 15 de xullo).
Vid. Lei 5/2004, de 8 de xullo, de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación
de Galicia. (DOG número 140, do 21 de xullo).
Art. 3. Réxime interior.
Correspóndelle ó Consello de Contas a competencia para todo
o concernente ó goberno e ó réxime interior do mesmo e ó
persoal ó seu servicio.
Deberá elabora-lo seu proxecto de presupostos, que se
integrará nos xerais da Comunidade Autónoma, nunha sección específica diferenciada, para que sexa sometido á aprobación do
Parlamento de Galicia. (6)
(6) Vid. Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, publicado no DOG
número 138, do 17 de xullo de 1992, por resolución do 25 de xuño, do Presidente do Parlamento
de Galicia.
Art. 4. Fiscalización.
Son funcións do Consello de Contas de Galicia:
- ) Fiscaliza-la actividade económico-financeira do sector
público de Galicia, velando para que se axuste ó ordenamento
xurídico e ó principio de racionalidade, determinada por criterios
de eficencia e economía.
- ) Fiscaliza-las subvencións, os créditos e as axudas con
cargo ós presupostos dos entes públicos galegos, así como os
avais e exencións fiscais directas e persoais, concedidas por
aqueles entes, xa sexan percibidas por persoas físicas ou
xurídicas. (7)
(7) Vid. Artigos 40 a 45, 78 e 79 do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro,
polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de
Galicia. (DOG número 214, do 5 de novembro), e a lei 38/2003, do 17 de novembro,
Xeral de Subvencións.
Vid. Artigos 46 e 47 da Lei de Galicia 8/1985, do 13 de agosto, de Eleccións ó
Parlamento de Galicia. (DOG número 156, do 16 de agosto, correccións de erros no
DOG número 185, do 26 de setembro).
- )Fiscaliza-los contratos celebrados pola Administración
Autonómica e outros entes do sector público de Galicia nos casos
en que se estableza así ou que o Consello de Contas o considere
conveniente. (8)
(8) Vid. Artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que
se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. (BOE
número 148, do 21 de xuño).
- ) Fiscaliza-la situación e as variacións do patrimonio da
Comunidade Autónoma de Galicia e demais entes públicos galegos. (9)
(9) Vid. Lei de Galicia 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade
Autónoma galega, e a Lei 33/2003, do 3 de novembro, do Patrimonio das
Administracións Públicas.
- ) Fiscaliza-los créditos extraordinarios e suplementos de
créditos, así como as incorporacións, ampliacións, transferencias
e demais modificacións dos créditos presupostarios galegos.
- )Emitir dictames e consultas que en materia de
contabilidade pública e de xestión económico-financeira lle
soliciten as institucións e os entes públicos galegos.
- ) Analiza-la utilización dos recursos dispoñibles atendendo
ó menor custo na realización do gasto e formula-las propostas
tendentes a mellora-los servicios prestados polo sector público de
Galicia.
- )Fiscaliza-lo grao de cumprimento dos obxectivos
propostos nos diversos programas presupostarios e nas memorias
das subvencións, créditos, axudas e dos avais, e indicar, no seu
caso, as causas de incumprimento.
Art. 5. Enxuizamento.
- Se no exercicio da súa función fiscalizadora o Consello de
Contas advertise a existencia de indicios de responsabilidade
contable, instruirá o oportuno procedemento xurisdiccional e
dará traslado das correspondentes actuacións ó Tribunal de
Contas para que este efectúe o enxuiciamento das mesmas.
- Así mesmo, en materia de enxuiciamento contable,
realizará tódalas funcións que lle delegue o Tribunal de Contas, de
acordo co que prevé a Lei Orgánica 2/82, do 12 de maio. (10)
(10) Vid. Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas. (BOE
número 121, do 21 de maio).
Vid. Lei 7/1988, do 5 de abril, de funcionamento do Tribunal de Cuentas.
(BOE número 84, do 7 de abril).
Vid. A Sentencia do Tribunal Constitucional número 18/1991, do 31 de
xaneiro, reproducida no parágrafo 6 da versión en castelán.
TÍTULO II Organización e funcionamento
CAPÍTULO 1ºORGANIZACIÓN
Art. 6. Órganos.
Son órganos do Consello de Contas:
- O Pleno.
- O Conselleiro Maior.
- A Comisión de Goberno.
- As Seccións:
- ) De fiscalización
- ) De enxuiciamento
- A Secretaría Xeral.
Art. 7. O Pleno.
- O Pleno estará integrado por cinco Conselleiros, un dos cales
será o Conselleiro Maior.
- O Pleno quedará validamente constituído cando estean
presentes tres dos seus membros e os seus acordos serán adoptados
por maioría dos asistentes.
- Correspóndelle ó Pleno:
- )Exerce-la función fiscalizadora de acordo coas disposicións
desta Lei.
- ) AAdopta-las disposicións necesarias para cumpri-los fins que
esta Lei lle encomenda ó Consello de Contas.
- ) Aproba-lo Proxecto de Presuposto.
- ) Aprobar tódolos informes, memorias, propostas, dictames e consultas que formulen os órganos
competentes do Consello de Contas.
- ) Propo-lo nomeamento dun dos seus membros para o cargo de
Conselleiro Maior.
- ) Resolve-los conflictos de atribucións e cuestións de
competencias entre os diversos órganos do Consello de Contas.
- ) Designa-los Presidentes das Seccións.
- ) Nomea-lo Secretario Xeral.
- ) Plantexa-los conflictos que afectan ás competencias ou
atribucións do Consello.
- ) Decidir sobre a instrucción do procedemento a que se refire o
n.° 1 do artigo 5 desta Lei.
- ) As demais funcións que por lei se lle encomende.
- O Pleno será convocado polo Conselleiro Maior, a iniciativa
propia ou sempre que o soliciten ó menos dous dos seus membros. (11)
(11) Os apartados 1,2 e 4 deste artigo están redactados conforme á Lei de Galicia
4/1986, do 26 de decembro, pola que se modifica a Lei de Galicia 6/1985, do 24 de
xuño, do Consello de Contas. (DOG número 4, do 8 de xaneiro). Vid. parágrafo 5.
Art. 8.O Conselleiro Maior.
- O Conselleiro Maior será nomeado por un período de tres
anos polo Presidente da Xunta, a proposta do Pleno de entre os seus
membros.
- O Conselleiro Maior cesará no seu cargo: por expiración do
período do seu mandato, por renuncia, por invalidez permanente que
o incapacite para o exercicio da súa función, ou cando perda a súa
condición de Conselleiro.
- O Conselleiro Maior será substituído provisionalmente en
caso de ausencia e enfermidade, así como no suposto de vacante,
ata que se produza o novo nomeamento, polo Conselleiro de maior antigüidade de entre os que integran a Comisión de
Goberno, dirimíndose a substitución, en caso de empate, en favor do
Conselleiro de maior idade.
- Son atribucións do Conselleiro Maior:
- ) Representar ó Consello de Contas.
- ) Convocar e presidi-lo Pleno e a Comisión de Goberno así
como decidir co seu voto de calidade en caso de empate.
- ) Exerce-la xefatura superior do persoal.
- ) Dispo-los gastos propios do Consello e a contratación de
obras, bens, servicios, subministros e demais prestacións necesarias
para o seu funcionamento.
- ) Resolve-las demais cuestións de carácter interno non
asignadas a outros órganos do Consello.
- )As demais que lle recoñeza a lei.
Art. 9.A Comisión de Goberno.
- A Comisión de Goberno está constituída polo Conselleiro
Maior e os Conselleiros de Contas Presidentes de sección.
- Correspóndelle á Comisión de Goberno:
- ) Establece-lo réxime de traballo do persoal.
- ) Distribuí-los asuntos entre as seccións.
- ) Exerce-las funcións relativas ó nomamento e contratación do
persoal, goberno e administración en xeral.
- ) Exerce-la potestade disciplinaria respecto ó persoal de
acordo coas normas de réxime interior.
- ) Nomea-los Delegados Instructores.
- ) As outras facultades que o Pleno lle delegue para a maior
eficacia no exercicio das funcións propias do Consello.
Art. 10. As seccións.
- CÁ Sección de Fiscalización corresponderalle a verificación da
contabilidade das entidades do sector público de Galicia e o exame e
a comprobación das súas contas. Organizarase en departamentos sectoriais ó frente de cada un dos
cales estará un Conselleiro.
- Á Sección de Enxuiciamento correspóndelle, no marco
establecido polo artigo 5 desta Lei, a instrucción dos procedementos
xurisdiccionais e o enxuiciamento das responsabilidades contables
daqueles que teñen ó seu cargo caudais ou efectos públicos conforme
as funcións do Consello de Contas.
- Os Presidentes das Seccións serán designados polo Pleno para
un período de tres anos.
Art. 11.A Secretaría Xeral.
- O Secretario Xeral desempeñará as funcións conducentes ó
adecuado exercicio das competencias gobernativas do Pleno da
Comisión de Goberno e do Conselleiro Maior en todo o relativo ó
réxime interior do Consello de Contas.
- O Secretario Xeral velará especialmente pola redacción das
Actas das Sesións do Pleno e da Comisión de Goberno, formará o
anteproxecto de presuposto e o proxecto de memoria anual que se
deban someter ó Pleno.
CAPÍTULO 2º FUNCIONAMENTO
Sección 1.ª Os Membros do Consello
Art. 12. Os Conselleiros.
- Os Conselleiros, en número de cinco, son designados polo
Parlamento mediante votación por maioría de tres quintas partes,
para un período de seis anos. Se se producisen vacantes, cubriranse de acordo co establecido anteriormente e polo tempo
que reste de mandato. (12)
(12) *Apartado redactado segundo a citada Lei de Galicia 4/1986, do 26 de
decembro. (DOG número 4, do 8 de xaneiro). Vid. parágrafo 5.
- Os Conselleiros de Contas son independentes e inamovibles e
serán elixidos entre Conselleiros do Tribunal de Contas, Censores
Xurados de Contas, Maxistrados, Fiscais, funcionarios públicos
pertencentes a Corpos que esixen a titulación académica superior, e
entre licenciados en Dereito, en Ciencias Económicas, en Ciencias
Empresariais e Intendentes Mercantís de recoñecida competencia con
máis de doce anos de exercicio profesional.
- Non poderán ser designados Conselleiros de Contas os que,
nos dous anos anteriores, estivesen comprendidos nalgúns dos
supostos que se citan a seguir:
- ) As autoridades ou funcionarios que teñen ó seu cargo a xestión,
inspección ou intervención dos ingresos e gastos do sector público de
Galicia.
- ) Os Presidentes, Directores e membros dos Consellos de
administración de organismos autónomos e das empresas integradas
no sector público de Galicia.
- ) Os particulares que, excepcionalmente, administren, recaden
ou custodien fondos ou valores públicos.
- ) Os perceptores das subvencións con cargo a fondos públicos.
- ) Calquera outra persoa que teña a condición de contadante
perante o Consello de Contas.
- ) Os beneficiarios de avais ou exencións fiscais directas e
persoais concedidas por calquera dos entes indicados no artigo 2.
Art. 13. Incompatibilidades.
- Os membros do Consello de Contas estarán suxeitos ás
mesmas causas de incapacidade, incompatibilidade e prohibicións establecidas para os Xuíces na Lei Orgánica do
Poder Xudicial.(13)
(13) Vid. Artigos 389 e seguintes da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder
Xudicial. (BOE número 157, do 2 de xullo).
- LA condición de membro do Consello de Contas de Galicia é
incompatible con:
- ) A de Deputado do Parlamento de Galicia ou de calquera outro
Parlamento Autonómico.
- ) A de Deputado do Congreso de Deputados.
- ) A de Senador.
- ) La de membro do Tribunal de Contas.
- ) A de Valedor do Pobo.
- ) A de Defensor do Pobo.
- ) Calquera cargo político ou administrativo do Estado, das
Comunidades Autónomas e das Entidades Locais ou dos seus
organismos autónomos, das empresas públicas, calquera que sexa a
súa forma xurídica.
- )O exercicio de funcións directivas ou executivas en partidos
políticos, centrais sindicais, organizacións empresariais e Colexios
Profesionais.
- ) A de membro de calquera dos órganos asesores da Xunta de
Galicia.
- ) O exercicio da súa profesión ou de calquera outra actividade
remunerada.
- Se a designación recaese nalgunha das persoas ás que se refire
o apartado anterior, antes de tomar posesión, deberá renunciar ó seu
cargo ou función.
- O nomeamento dos membros do Consello de Contas implicará,
no seu caso, a declaración do interesado na situación de servicios especiais ou equivalente na carreira ou Corpo
de procedencia.
Art. 14. Abstención e recusación.
Para os Conselleiros rexen as causas de abstención e de
recusación seguintes:
- ) Ter interés persoal no asunto ou na empresa ou entidades
interesadas, ou ter cuestión litixiosa pendente ou relación de servicio
con algún interesado.
- ) Ter parentesco de consanguinidade ata o cuarto grado ou de
afinidade ata o segundo grado con calquera dos contadantes ou
administradores das entidades indicadas no artigo 2.
- ) Ter amistade íntima ou enemistade manifiesta con algunha das
persoas sinaladas no apartado anterior.
Art. 15. Responsabilidade.
A responsabilidade disciplinaria do Conselleiro Maior e dos
Conselleiros deberá ser establecida polas normas de réxime interior
do Consello de Contas.
Art. 16. Perda da condición.
Os membros do Consello de Contas de Galicia perden a súa
condición polas seguintes causas:
- ) Por morte ou por renuncia presentada e aceptada polo
Parlamento.
- ) Por extinción do mandato ó expira-lo término.
- ) Por incapacidade declarada por decisión xudicial firme.
- ) Por inhabilitación para o exercicio dos dereitos políticos
declarada por decisión xudicial firme.
- ) Por condena en sentencia firme a causa de delito.
- ) Por incumprimento das obrigas do cargo, conforme as normas
de réxime interior do Consello de Contas.
Sección 2.ª Persoal ó Servicio do Consello
Art. 17. Réxime xeral.
- O persoal ó servicio do Consello de Contas, integrado por
funcionarios con titulación axeitada, sen prexuício das normas
especiais que lle sexan de aplicación, estará suxeito ó réxime xeral da
Función Pública e ás súas incompatibilidades. (14)
(14) Vid. Artigo 3.4 da Lei de Galicia 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública
de Galicia. (DOG número 104, do 1 de xuño).
- O desempeño da Función Pública no Consello de Contas será
incompatible con calquera outra función, destino ou cargo, así como
co exercicio profesional e coa intervención en actividades industriais,
mercantís ou profesionais, mesmo as consultivas e as de
asesoramento. (15)
(15) Vid. Lei Orgánica 1/1985, do 18 de xaneiro, sobre incompatibilidades do
persoal ó servizo do Tribunal Constitucional, Consejo General del Poder Judicial e
Tribunal de Cuentas, así como dos compoñentes do Poder Xudicial e persoal ó servizo
da Administración de Xustiza e a Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades
do persoal ó servizo das Administracións Públicas. (BOE número 21, do 24 de xaneiro).
Art. 18. Comisionados.
- O Consello de Contas poderá comisionar a expertos que teñan
titulación adecuada ó obxecto de inspeccionar, revisar e comprobar
documentación, libros, metálico, valores, bens e existencias das
Entidades do sector público galego, ou para practica-la función
prevista no apartado b) do artigo 4 desta Lei, e, en xeral, para
comproba-la realidade das operacións reflexadas nas súas contas e
emiti-los informes correspondentes.
- Non poderán ser comisionados os que incorran nalgún dos
supostos a que se refire o número 3 do artigo 12.
Sección 3.ª Documentación e Memoria Anual
Art. 19. DDocumentación das actuacións.
- O resultado da fiscalización farase constar por medio de
mocións ou notas dirixidas á Autoridade, Organismo ou Entidade ás que afecten e de memorias ordinarias ou extraordinarias, que se
elevarán ó Parlamento de Galicia, con remisión de copias á Xunta de
Galicia e mais ás indicadas Autoridades, Organismos e Entidades
afectadas e publicaranse no Diario Oficial de Galicia.
- EO Consello de Contas fará constar cantas infraccións, abusos
ou prácticas irregulares observase, con indicación da responsabilidade
en que, ó seu xuício, se incorrese e das medidas para esixila.
- O Consello de Contas poderá emitir en calquera momento, a
petición do Parlamento ou por iniciativa propia, informes ou
memorias relativas ás funcións sinaladas nesta Lei.
Art. 20. Memoria anual
- EO Consello de Contas de Galicia deberá elaborar e elevar ó
Parlamento unha memoria das súas actividades, que comprenderá a
análise da Conta Xeral da Comunidade Autónoma e das demais do
sector público de Galicia. Extenderase, ademais, á fiscalización da
xestión económica da Comunidade e do sector público galego e
comprenderá, entre outros, os seguintes extremos:
- ) Observancia da Constitución, do Estatuto de Autonomía de
Galicia, das Leis reguladoras dos ingresos e gastos do sector público
de Galicia e, en xeral, das normas que afectan á actividade
económico-financeira e contable do mesmo.
- ) Cumprimento das previsións e da execución dos Presupostos
da Comunidade Autónoma, das Entidades Locais e demais entidades
suxeitas á súa fiscalización.
- ) Racionalidade na execución do gasto público baseado en
criterios de eficacia e economía.
- ) EExecución dos programas de actuación, inversións e
financiación e demais plans ou previsións que rexan a actividade das
empresas públicas e das empresas vinculadas á Comunidade
Autónoma, así como o emprego ou aplicación de subvencións con
cargo ó presuposto da Comunidade Autónoma e das exencións fiscais
directas e persoais concedidas.
- O Consello de Contas proporá as medidas a adoptar, no seu
caso, para a mellora da xestión económico-financeira do sector
público de Galicia.
- Así mesmo, a memoria anual conterá un informe das actividades
xurisdiccionais do Consello durante o exercicio correspondente.
Sección 4.ª Relacións entre o Consello de Contas e o Parlamento
Art. 21. Comisión parlamentaria.
Unha Comisión parlamentaria encargarase das relacións do
Parlamento co Consello de Contas. (16)
(16) A Mesa do Parlamento aprobou as normas reguladoras das relacións entre o
Consello de Contas e o Parlamento de Galicia, con data do 25 de marzo de 1993.
(BOPG número 400, do 28 de abril). Vid. parágrafo 4.
El examen de las cuentas del Consejo de Cuentas corresponde al Parlamento de Galicia, al que se deberán trasladar con esta finalidad como un anexo
en la memoria anual a que se refiere el artículo 20 de la presente Ley.
TÍTULO III
Garantías, normas e procedementos para asegura-la rendición
de contas
Art. 23. Deber de colaboración.
- TTódalas entidades a que se refire o artigo 2 colaborarán co
Consello de Contas no exercicio das funcións deste, estando
obrigadas a subministrarlle cantos datos, estados, documentos,
antecedentes ou informes lles solicite. (17)
(17) Vid. Artigo 11.2.d da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de
Protección de datos. (BOE número 298, do 14 de decembro).
Vid. Disposición Adicional II 2.b da Lei 24/2001,de Medidas Fiscais,
Administrativas e da Orde Social, sobre o acceso ós datos catastrais.
Vid. Artigo 78.6.i do citado Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, sobre a
obriga do beneficiario de subvencións de facilitar información.
Vid. Artigo 221 do Texto refundido da Lei Hipotecaria aprobada polo Decreto do
8 de febreiro de 1946, modificado pola Lei 24/2001, do 27 de decembro, de Medidas
Fiscais, Administrativas e da Orde Social. (BOE número 313, do 31 de decembro).
Vid. Artigo 121.1 do citado Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
- O incumprimento dos requirimentos do Consello poderán supo-la aplicación das sancións legalmente
establecidas. Se os requirimentos se refiren á reclamación de xustificantes de
inversións ou gastos públicos e non son cumpridos no prazo
solicitado, iniciarase de oficio o oportuno expediente de reintegro.
O Consello de Contas porá en coñecemento do Parlamento de
Galicia a falta de colaboración dos obrigados a prestarlla.
- Trasladaranse ó Consello de Contas as auditorías
practicadas polos servicios competentes da Administración
Autonómica ou baixo a dirección da Xunta de Galicia.
Art. 24. Procedemento.
- Os procedementos para o exercicio da función fiscalizadora
impulsaranse de oficio en tódolos seus trámites. A iniciativa correspóndelle ó propio Consello e ó Parlamento
de Galicia.
- Os requirimentos de inhibición feitos ó Consello de Contas
non producirán a suspensión do respectivo procedemento.
Art. 25. Presentación das contas.
- O Consello de Contas, por delegación do Parlamento de
Galicia, procederá ó exame e comprobación da conta xeral da
Comunidade Autónoma dentro do prazo de seis meses, a partir da data na que se rendese.
O Pleno dictará a declaración definitiva que lle mereza para
elevala ó Parlamento coa oportuna proposta, dando traslado á
Xunta de Galicia, a cal deberá dispo-la publicación das conclusións
no Diario Oficial de Galicia.
- As Entidades Locais deberán emiti-las contas de cada
exercicio, directamente, ó Consello, antes do 31 de xullo do ano
seguinte ó do remate do exercicio. (18)
(18) Vid. Artigos 212 e 223 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. (BOE
número 59, do 9 de marzo.)
O Consello de Contas debe formar e uni-la conta xeral das
entidades Locais, que debe ser recoñecida polo Parlamento.
- Á conta xeral da C.A. acompañarase a conta xeral de
operacións realizadas polas Corporacións a que se refire o número
29 do artigo 27 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Art. 26. Contadantes. (19)
(19)Vid. Artigo 114 do mencionado Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro
e o artigo 193.1 da citada Lei 39 / 1988, do 28 de decembro.
Serán contadantes nas que se deban render ó Consello de
Contas:
- )Os funcionarios e demais persoal das Entidades do sector
público galego que teñan ó seu cargo a xestión dos ingresos e gastos
públicos, así como as demais operacións de administración.
- )Os Presidentes ou Directores dos organismos autónomos e
empresas públicas a que se refire o artigo 2 desta Lei.
- ) Os particulares que, excepcionalmente, administren,
recaden ou custodien fondos ou valores da Comunidade
Autónoma, sen prexuício de que sexan intervidas as respectivas
operacións; e
- ) Os perceptores das subvencións correntes a que se refire o artigo 58, apdo. 3, e artigo 85, apdo. 3, da Lei 3/1984, do 3 de abril,
da Xestión Económica e Financeira Pública de Galicia. (20)
(20) Vid. Artigo 78.4.d do mencionado Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de
outubro.
Art. 27. Medios de apremio.
- Os medios de apremio que o Consello poderá empregar
gradualmente para asegura-la rendición de contas e o mellor
cumprimento das súas funcións, son:
- ) O requirimento, entendéndose por tal a orde que se
comunique polo Consello fixando o prazo para o cumprimento dun
servicio.
- ) A imposición de multas coercitivas.
- ) A formación de oficio da conta retrasada e dos estados ou
documentos que se pidan, a cargo e risco do apremiado.
- En calquera caso, e sen prexuício de deducir tanto de culpa
por desobediencia ós efectos de instrucción do proceso penal, o
Consello de Contas poderá propor á autoridade ou órgano
competente de que dependa o contadante a apertura do
procedemento sancionador. (21)
Art. 28. Multas coercitivas.
- No caso de incumprimento dos requirimentos efectuados, o
Consello de Contas poderá impor multas ata a contía dun mes dos
seus haberes ós funcionarios, e para os particulares ata a cantidade
de 100.000 pesetas, pola primeira vez, e de ata dous meses ou
500.000 pesetas, respectivamente, en caso de reincidencia.
- Se o requirido ó pagamento fose persoal ó servicio das
entidades a que se refire o artigo 2 e non o fixese efectivo,
ordenarase ó habilitado ou pagador que, baixo a súa responsabilidade, faga efectivo o importe da mesma deducindo da
primeira mensualidade que lle corresponda percibir ou das
sucesivas, se excedese, na cantidade que legalmente poida ser
descontada.
- Cando o apremiado sexa un particular, o Consello, para
efectividade da multa, procederá ó seu cobro en voluntaria e, de
non se efectua-lo pagamento, en vía executiva, aplicando as
normas da Comunidade Autónoma que regulen a recadación dos
seus tributos, e no seu defecto, as normas estatais. A estes efectos,
a correspondente certificación de descuberto será expedida polo
Secretario Xeral do Consello de Contas.
- De toda imposición de multa a altos cargos ou persoal das
Administracións Autonómica, Local ou Corporativa darase conta á
autoridade da que dependa, expondo as causas que determinasen o
devandito medio de apremio, para que, sen prexuício da exacción
da multa polo Consello de Contas, adopte aqueloutras medidas que
coide convenientes.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En todo o non regulado por esta Lei será de aplicación, en canto
fose conducente, o establecido na Lei orgánica 2/1982, do 12 de
maio, do Tribunal de Contas.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
Primeira. O Parlamento nomeará, no prazo de tres meses dende
a entrada en vigor desta Lei, os membros do Consello de Contas,
de acordo co procedemento establecido.
SSegunda. Na primeira sesión que se celebre despois de se
constituí-lo Consello de Contas, o Pleno debe designar ó chou tres
Conselleiros, o mandato dos cales durará tres anos. Transcorrido o
devandito prazo, o Pleno do Parlamento designará os novos Conselleiros na forma establecida pola Lei. (22)
(22) Redactada conforme á citada Lei de Galicia 4/1986, do 26 de decembro. Vid.
parágrafo 5.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
No término de seis meses a partir da súa constitución, o
Consello de Contas elaborará un proxecto de normas de réxime
interior, que presentará ó Parlamento para a súa aprobación.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1985.
Xerardo Fernández Albor
Presidente
3. REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DO
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA
( DOG no 138, do 17 de xullo de 1992 )
PRESIDENCIA
PARLAMENTO DE GALICIA
Resolución do 25 de xullo de 1992 pola que se dispón a
publicación do Regulamento de réxime interior do Consello de
Contas de Galicia.
A Comisión permanente non lexislativa para as relacións co
Consello de Contas, en reunión celebrada o día 2 de xuño de 1992,
aprobou o Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, de
conformidade co disposto nas normas sobre a súa tramitación,
aprobadas pola Mesa do Parlamento, o día 31 de xaneiro de 1992 e
publicadas conxuntamente co proxecto no BOPG nO 243, do 28 de
febreiro de 1992.
En cumprimento do disposto nas devanditas normas, ordénase a
súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no
Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1992.
O PRESIDENTE
Victorino Núñez Rodríguez
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA
Marco legal, competencias, ámbito de actuación e funcións
- Capítulo I: Marco legal e competencias.
- Capítulo II: Ámbito de actuación.
- Capítulo III: Funcións do Consello de Contas.
TÍTULO II
Organización e Funcionamento
- Capítulo I: Organización.
- Capítulo II: Funcionamento.
TÍTULO III
Garantías, normas procedementais para asegura-la rendición
de contas
- Capítulo I: Deber de colaboración.
- Capítulo II: Fiscalización, memoria anual e axuizamento.
TÍTULO IV
Relacións do Consello de Contas co Parlamento. As Contas do
Consello.Réxime económico e presupostario. Medios de
constrinximento
- Capítulo I: Relacións do Consello de Contas co Parlamento.
- Capítulo II: As contas do Consello.
- Capítulo III: Réxime económico e presupostario.
- Capítulo IV: Medios de constrinximento.
TÍTULO I Marco legal, competencias, ámbito de actuación e funcións
CAPÍTULO I MARCO LEGAL E COMPETENCIAS
Artículo 1. Concepto e competencias.
- O Consello de Contas de Galicia é o órgano estatutario de
fiscalización das contas e da xestión económico-financeira e
contable do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Como órgano estatutario que emana do Parlamento de
Galicia, exerce as súas funcións con plena independencia do poder
político e sometemento á orde xurídica.
- No exercicio das súas competencias, así como das súas
funcións en relación coa execución dos programas de ingresos e
gastos do sector público autonómico, actuará de conformidade co
establecido nas leis 6/1985, do 24 de xuño, e 4/1986, do 26 de
decembro, e no presente regulamento.
CAPÍTULO II ÁMBITO DE ACTUACIÓN
Art. 2. Actuación.
- O Consello de Contas, no exercicio das funcións de
fiscalización, poderá actuar de oficio ou a pedimento do Parlamento
de Galicia.
- Igualmente, o Consello de Contas poderá actuar por
delegación do Tribunal de Contas. Neste caso axustará a súa
actuación ós termos nos que se produza a devandita delegación,
seguindo as normas e os procedementos que rexen para o dito
Tribunal, sen prexuízo de que se apliquen as que lle son propias de
forma subsidiaria.
- Así mesmo, o Consello de Contas practicará cantas actuacións
fiscalizadoras lle sexan delegadas polos órganos de control externo
da Comunidade Económica Europea, de conformidade coa
lexislación que fose aplicable.
Art. 3.Sector público da Comunidade Autónoma.
- Para os efectos expresados no artigo 1, compón o sector
público da Comunidade Autónoma de Galicia:
- )A Administración autonómica e os seus organismos
autónomos.
- ) As entidades locais e os seus organismos autónomos, así como
as empresas públicas dependentes das mesmas, no ámbito
competencial das institucións de autogoberno.
- )As empresas públicas, calquera que sexa a súa forma xurídica,
dependentes da Administración autonómica.
- ) As cámaras agrarias, cámaras da propiedade urbana, cámaras
de comercio, industria e navegación, confrarías de pescadores e
outras de natureza equivalente ás que se refire o número 29 do artigo
27 do Estatuto de autonomía de Galicia.
Art. 4. Funcións do Consello de Contas.
- Fiscalización. Correspóndelle ó Consello de Contas as seguintes funcións:
- 1.1.- Fiscaliza-la actividade económico-financeira do sector
público de Galicia, velando para que se axuste ó ordenamento
xurídico e ó principio de racionalidade, determinada por criterios de
eficiencia e economía.
- 1.2.- Fiscaliza-las subvencións, os créditos e as axudas con cargo
ós presupostos dos entes públicos, así como os avales e as exencións fiscais directas e persoais concedidas por aqueles
entes, xa sexan percibidos por persoas físicas ou xurídicas.
- 1.3.- Fiscaliza-los contratos celebrados pola Administración
autonómica e outros entes do sector público de Galicia nos casos en
que así se estableza ou que o Consello de Contas o considere
conveniente.
- 1.4.- Fiscaliza-la situación e as variacións do patrimonio da
Comunidade Autónoma de Galicia e dos demais entes públicos
galegos, así como as daquelas empresas nas que exista algunha
modalidade de participación no seu capital por parte da Comunidade
Autónoma.
- 1.5.- Fiscaliza-los créditos extraordinarios e suplementos de
créditos, así como as incorporacións, ampliacións, transferencias e
demais modificacións dos créditos presupostarios iniciais.
- 1.6.- Analiza-la utilización dos recursos dispoñibles atendendo ó
menor custo na realización do gasto e formula-las propostas
tendentes a mellora-los servicios prestados polo sector público de
Galicia.
- 1.7.- Fiscaliza-lo grao de cumprimento dos obxectivos propostos
nos diversos programas presupostarios e nas memorias de
subvencións, créditos e axudas e dos avales, e indicar, se é o caso, as
causas de incumprimento.
- 1.8.- Emitir dictames e consultas en materia de contabilidade
pública e de xestión económico-financeira das institucións e dos
entes públicos galegos.
- 1.9.- Aquelas que se relacionen co mellor exercicio da función
fiscalizadora, así como as que no futuro se lle encomenden.
- Axuizamento.
- 2.1.- Se no exercicio da súa función fiscalizadora o Consello de
Contas advertise a existencia de indicios de responsabilidade
contable, daralle traslado das actuacións ó Tribunal de Contas para os
oportunos efectos do seu axuizamento.
- 2.2.- Así mesmo, nesta materia de axuizamento contable, realizará
tóda-las funcións que lle delegue o Tribunal de Contas, que serán
desenvolvidas conforme os termos da dita delegación, de acordo co
prevido na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, e na Lei 7/1988, do 5
de abril.
- Réxime interior.
- 3.1.- Correspóndelle ó Consello de Contas a competencia en todo
o concernente ó goberno e réxime interior e do persoal ó seu servicio,
no marco das normas que rexen a función pública da Comunidade
Autónoma de Galicia e, en todo caso, con suxeición ás de xeral
aplicación para o Estado de forma subsidiaria, en canto non estea
regulado por aquelas.
- 3.2.- Deberá elabora-lo seu proxecto de presuposto, que se
integrará nos xerais da Comunidade Autónoma, nunha sección
específica diferenciada, para que sexa sometido á aprobación do
Parlamento de Galicia.
TÍTULO II Organización e funcionamento
CAPÍTULO I ORGANIZACIÓN
Art. 5. Órganos.
Son órganos do Consello de Contas:
- O Pleno.
- O conselleiro maior.
- A Comisión de Goberno.
- As seccións.
- A Secretaría Xeral.
Art. 6. O Pleno.
- O Pleno estará integrado por cinco conselleiros, un dos cales
será o conselleiro maior. Estará asistido polo secretario xeral, con voz
pero sen voto.
- Quedará validamente constituído, unha vez convocado, cando
estean presentes cando menos tres conselleiros, e os seus acordos
serán adoptados pola maioría dos asistentes.
- Así mesmo, declararase constituído validamente o Pleno, sen
necesidade de convocatoria previa ou sen o cumprimento da
totalidade dos requisitos esixidos, cando estean presentes a totalidade
dos seus membros e o acorden por unanimidade. Neste caso, a orde
do día fixarase por acordo unánime antes do inicio da sesión.
Art. 7. Funcionamento.
- As sesións plenarias do Consello poden ser:
- ) Ordinarias.
- ) Extraordinarias.
- ) Extraordinarias de carácter urxente.
- 1.1.- Son ordinarias aquelas nas que se preestablece a súa
periodicidade por acordo plenario.
- 1.2.- Son extraordinarias aquelas que convoque o conselleiro
maior por iniciativa propia ou a solicitude de dous membros como
mínimo. Entre a solicitude e a convocatoria non debe mediar un
prazo superior ós catro días hábiles e debe celebrarse dentro dos catro
días seguintes.
- 1.3.- Son extraordinarias de carácter urxente as convocadas polo
conselleiro maior a iniciativa ou a pedimento de polo menos dous
conselleiros cando a importancia e a urxencia dos asuntos que hai que
debater e resolver esixen que entre a convocatoria e a celebración da
sesión non medie un prazo superior ás vintecatro horas.
- A orde do día das reunións fixaraa o conselleiro maior e estará á disposición dos conselleiros polo menos catro días antes das datas
fixadas para a sesión do Pleno.
- Calquera dos conselleiros poderá solicitar do conselleiro maior
a inclusión na orde do día dalgunha cuestión que sexa competencia
do Pleno e estime de interese o seu debate.
- A inclusión da cuestión solicitada levarase a cabo na primeira
reunión que se celebre, sempre que fose formulada antes da data de
convocatoria da sesión. No caso contrario deberá incluírse na orde do
día do próximo Pleno ordinario ou extraordinario, se se considera de
urxencia.
- Tamén poderá incluírse calquera outro asunto na orde do día,
por consideralo de urxencia ou de interese especial, sempre que
estean presentes tódolos membros do Pleno e así o acorden co voto
favorable da maioría.
- As deliberacións do Pleno terán carácter reservado, e os
asistentes e cantos puidesen coñecelas por razón das súas funcións no
Consello deberán gardar segredo das mesmas.
- Os conselleiros non poderán facer declaracións ou
manifestacións públicas valorativas sobre materias ou cuestións
concretas que estean conceptuadas como reservadas e directamente
relacionadas coas mesmas.
- A asistencia ás reunións, convocadas regulamentariamente, é
obrigada para os conselleiros, salvo que por causa debidamente
xustificada algún non puidese concorrer e se escusase
oportunamente.
- Os conselleiros que asisten ás deliberacións do Pleno poden
facer consta-la súa opinión discrepante coa decisión adoptada, así
como coa fundamentación do acordo, mediante un voto particular. A
intención de formular un voto particular hase de expresar cando o
Pleno adopte a decisión e farase constar na acta da sesión.
- O voto particular anunciado formalizarase a través dun escrito
presentado na Secretaría Xeral no prazo de sete días, contados desde o seguinte hábil á celebración da sesión. O referido voto
incorporarase á resolución que se adopte e publicarase con aquela.
- De cada sesión o secretario xeral estenderá unha acta, na que
fará consta-las persoas asistentes, o lugar e a data, os puntos ou as
cuestións tratados e os acordos adoptados, así como, se é o caso, o
resultado das votacións celebradas, coa indicación de quen votou nun
ou noutro sentido.
- Cando algún dos conselleiros presentes desexe que figuren na
acta manifestacións que espuxo durante a sesión, farase constar
expresamente e nos seguintes tres días hábiles poderá entregar un
escrito na Secretaría Xeral onde se recollan tales manifestacións para
que sexan incorporadas ó texto da acta que deba estenderse.
- As actas deben ser subscritas polo secretario xeral, co visto e
prace do conselleiro maior, e serán aprobadas na mesma sesión ou na
seguinte que se celebre.
Art. 8. Funcións do Pleno.
Correspóndelle ó Pleno:
- )Exerce-la función fiscalizadora de acordo co disposto na lei e
neste regulamento.
- ) Adoptar tódalas disposicións que sexan necesarias para
cumpri-los fins que a lei e o regulamento lle encomendan ó Consello
de Contas.
- ) Aproba-lo proxecto de Regulamento de réxime interior para o
seu posterior sometemento ó Parlamento de Galicia.
- ) Aproba-lo proxecto de presuposto.
- ) Propo-lo nomeamento dun dos seus membros para o cargo de
conselleiro maior.
- ) Designa-los presidentes das seccións.
- ) Adscribi-los conselleiros as áreas correspondentes.
- ) Aproba-la creación de comisións de seguimento en materias e
asuntos concretos.
- ) Nomear e revogar, se é o caso, o secretario xeral.
- ) Aproba-lo plan anual de traballo do Consello, así como a
memoria anual de actividades e a relación de postos de traballo.
- ) Aprobar tódolos informes, memorias, propostas, dictames e
consultas que formulen os órganos competentes do Consello.
- ) Adopta-los posibles acordos relacionados co Tribunal de
Contas e, se é o caso, cos órganos de control externo da Comunidade
Económica Europea. A súa execución correspóndelle ó conselleiro
maior.
- ) Resolve-los conflictos de atribucións e as cuestións de
competencia entre os seus diversos órganos.
- ) Expor e resolver, se é o caso, os conflictos que poidan afectar
as competencias e atribucións do Consello.
- ) Decidi-las actuacións que se han de seguir no procedemento ó
que se refire o número 1 do artigo 5 da Lei 6/1985, do 24 de xuño,
nos termos que se establezan.
Art. 9. O conselleiro maior.
- O conselleiro maior será nomeado por un período de tres anos
polo presidente da Xunta, por proposta do Pleno do Consello de entre
os seus membros, e poderá ser reelixido.
- O conselleiro maior cesará no seu cargo por expiración do
período do seu mandato, por renuncia, por invalidez permanente que
o incapacite para o exercicio do seu cargo ou cando perda a condición
de conselleiro.
- O conselleiro maior será substituído provisionalmente en caso
de ausencia e enfermidade, así como no suposto de vacante, polo
conselleiro de maior antigüidade de entre os que integran a Comisión
de Goberno. No caso de empate recaerá no de maior idade.
- Correspóndenlle as seguintes atribucións:
- ) Representa-lo Consello de Contas.
- ) Convocar e presidi-lo Pleno e a Comisión de Goberno, así
como decidir co seu voto de calidade en caso de empate.
- ) Fixa-la orde do día dos órganos colexiados e velar pola
execución dos seus acordos.
- ) Te-la xefatura superior do persoal, exercendo así mesmo a
inspección dos servicios propios do Consello de Contas, asegura-la
coordinación, a eficacia e o bo funcionamento dos mesmos e adoptalas
medidas que se estimen necesarias para iso.
- ) Logo de autorización da Comisión de Goberno, dispo-los
gastos propios do Consello, de acordo co presuposto aprobado, así
como ordena-los pagamentos correspondentes e autoriza-los
documentos que formalicen os ingresos.
- ) Autoriza-la adquisición de bens e a contratación de obras,
servicios, subministracións e outras prestacións necesarias para o bo
funcionamento do Consello, de conformidade co procedemento
establecido e cos límites que a Comisión de Goberno acorde no seu
caso, sen prexuízo da súa posible delegación.
- ) Autorizar coa súa sinatura as comunicacións, memorias e
dictames do Consello, así como as actas e certificacións expedidas
pola Secretaría Xeral.
- ) Executa-los acordos que o Pleno adopte co Tribunal de Contas
e cos órganos de control externo da Comunidade Económica
Europea.
- ) Emitirlle informe oral ó Parlamento sobre as materias que son
competencia do Consello.
- ) Comunicarlles ó Parlamento e ó presidente da Xunta de Galicia
con dous meses de antelación a finalización do período para o que foi
nomeado conselleiro maior.
- ) Comunicarlle ó Parlamento a vacante ou as vacantes que se
puidesen producir por calquera circunstancia dalgún conselleiro con
dous meses de antelación sobre o cumprimento do prazo
regulamentario para a renovación dos mesmos.
- ) Así mesmo, darlle conta ó Parlamento dos acordos do Pleno
relativos a incompatibilidades ou responsabilidades en que poidan
incorre-los conselleiros.
- ) Informar públicamente das actividades reservadas do
Consello, cando así o acorde o Pleno expresamente.
- ) As propias do Consello, en caso de urxencia, que non admita a
convocatoria do mesmo, ó que se lle dará conta do resolto para
ratificación, se así procede.
- ) As demais que lle atribúen expresamente as leis e aquelas que
a lexislación da Comunidade Autónoma Europea e o Estatuto da
Comunidade Autónoma lle asignen ó Consello de Contas e non llelas
atribúan a outros órganos do Consello.
- O conselleiro maior informará ante a Comisión do Parlamento
de Galicia tanto da xestión realizada no exercicio precedente coma
das previsións para o exercicio seguinte, polo menos o primeiro e
segundo semestre de cada ano respectivamente.
Art. 10. A Comisión de Goberno.
- AComisión de Goberno está constituída polo conselleiro maior
e os conselleiros presidentes das seccións, asistidos polo secretario
xeral.
- Correspóndelle á Comisión de Goberno:
- ) Distribuí-los asuntos entre as seccións.
- ) Establecer el régimen de trabajo del personal.
- ) Distribuí-lo cadro de persoal do Consello entre os seus
órganos.
- ) EstEstablece-las bases e exerce-las funcións relativas ó nomeamento e á contratación do persoal, goberno e administración,
en xeral.
- ) Exerce-la potestade disciplinaria respecto do persoal, de acordo
coas normas de réxime interior.
- ) Convoca-las probas selectivas para a admisión de persoal.
- ) Nomea-los delegados instructores.
- ) Autoriza-los expedientes de gasto, dispo-los créditos e
recoñece-las obrigas, cando a súa contía exceda dos límites
autorizados ó conselleiro maior.
- ) As outras facultades que o Pleno lle delegue, para a maior
eficacia no exercicio das funcións propias do Consello.
Art. 11. Funcionamento.
- A Comisión de Goberno reunirase ordinariamente os días e as
horas que sexan fixados con carácter xeral, logo de convocatoria
transmitida a través de calquera medio de comunicación.
- Tamén se reunirá sempre que o dispoña o conselleiro maior ou
o solicite un dos conselleiros que a integran.
Art. 12. Acordos.
- A Comisión de Goberno non pode adoptar acordos se non
están presentes a maioría dos seus membros.
- Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, os seus
membros serán substituídos por acordo do Pleno.
Art. 13. Orde do día.
Ó iniciarse a sesión, o conselleiro maior fixará a orde do día e
incluirá nela tódalas cuestións propostas por cada un dos seus
compoñentes, sempre que sexan da súa competencia.
Art. 14. Actas.
Ás actas da Comisión de Goberno aplicaránselle-las mesmas
normas que para as de sesións do Pleno.
Art. 15. Fiscalización económica.
Daráselle conta ó interventor de tódolos actos e acordos dos cales
se poidan derivar dereitos e obrigas de contido económico ou
movemento de fondos, na forma establecida pola lei.
Art. 16. As seccións.
- As seccións de Fiscalización e Axuizamento, como órganos de
goberno do Consello de Contas de Galicia, están integradas polos
presidentes respectivos e polos conselleiros que ás mesmas adscriba
o Pleno. Os presidentes serán designados polo Pleno por un período
de tres anos e poderán ser reelixidos.
- Os presidentes das seccións serán substituídos nos casos de
vacante, ausencia ou enfermidade polo conselleiro máis antigo da
sección ou, de non o haber, polo de máis idade.
- En todo o referente a convocatorias, orde do día das seccións e
validez dos acordos dos seus plenos haberá que aterse ás normas
especialmente establecidas para cada unha délas, e na falta destas
rexerán as correspondentes ó Pleno do Consello antes expresadas.
- Correspóndelle ó presidente de cada Sección:
- ) Se-lo voceiro da Sección perante o Pleno e a Comisión de
Goberno, salvo que se trate de votos particulares, que deberán ser
defendidos polo propio conselleiro que os formulase.
- ) Procurar que os acordos e as resolucións manteñan unha liña
de homoxeneidade e coordinación, velando polo seu debido
cumprimento.
- ) Calquera outra competencia que a lexislación lle encomende.
Art. 17. Sección de Fiscalización.
- A Sección de Fiscalización organizarase en departamentos
sectoriais, á fronte dos cales estará un conselleiro.
- A duración da adscrición dos conselleiros a cada departamento
sectorial será fixada polo Pleno do Consello.
- O persoal adscrito a cada departamento dependerá
funcionalmente do conselleiro, quen, sen prexuízo da necesaria
coordinación coas restantes áreas e da suxeición ás normas xerais de
traballo establecidas pola Comisión do Goberno, organizará as
tarefas na forma que estime conveniente.
- Correspóndelle á Sección de Fiscalización:
- ) A verificación da contabilidade das entidades do sector público
da Comunidade Autónoma e o exame e a comprobación das súas
contas, velando pola súa adecuación ó ordenamento xurídico e os
principios de racionalidade, eficacia e economía os que se refire o
artigo 4 deste regulamento.
- ) Examinar e aproba-los procedementos fiscalizadores
tramitados nos distintos departamentos en que a mesma se estructura.
- ) Proporlle ó Pleno do Consello as medidas, informes, mocións,
notas ou cuestións que corresponda elevarlle ó Parlamento de
Galicia, así como a imposición de sancións para os casos de
incumprimento do deber de colaboración ó que se refire o artigo 23
da Lei 6/1985, do 24 de xuño.
- ) Someter ó Pleno do Consello o plan de traballo anual
correspondente ós distintos departamentos sectoriais comprendidos
na Sección.
- ) As restantes funcións que lle poidan ser atribuidas pola
lexislación vixente.
Art. 18. Sección de Axuizamento.
Correspóndelle a esta Sección:
- ) Dar traslado das actuacións oportunas nos casos en que se
poñan de manifesto as circunstancias ás que se refiren os artigos 5.1
da Lei 6/1985 e 2.2 deste regulamento.
- ) Asumir por delegación do Tribunal de Contas as funcións que
lle asigne e practicar cantas dilixencias e comprobacións lle solicite
o mesmo.
- ) Exerce-la facultade sancionadora no marco destas normas.
- ) As restantes funcións que lle atribúa a lexislación vixente.
Art. 19. Compatibilidade de actuacións.
As actuacións en materia de axuizamento contable son
compatibles coas que practique a Administración pública competente
por razón dos contadantes e independentes das que poidan exercitalos
xuíces e os tribunais de Xusticia.
Art. 20. Da Secretaría Xeral.
- O secretario xeral será nomeado e destituído libremente polo
Pleno do Consello de Contas.
- O secretario xeral terá para tódolos efectos a categoría de
director xeral e estará afectado polas mesmas causas de
incompatibilidade sinaladas para os altos cargos da Administración,
e corresponderalle ó Pleno do Consello coñecelas e toma-los acordos
que procedan.
- Así mesmo, non poderá te-la condición de contadante nos termos
establecidos no artigo 26 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello
de Contas.
Art. 21. Atribucións do secretario xeral.
Correspóndelle ó secretario xeral:
- ) Asistir con voz, pero sen voto, as sesións do Pleno e da
Comisión de Goberno.
- ) Prestarlles asesoramento ó Consello e os seus órganos nas
cuestións que se lle demanden.
- ) Velar especialmente pola redacción das actas das sesións do
Pleno e da Comisión de Goberno e certificalas, co visto e prace do
conselleiro maior.
- ) Tramita-las convocatorias para as reunións do Pleno e da
Comisión de Goberno.
- ) Prepara-la orde do día das convocatorias, de acordo coas
instruccións do conselleiro maior.
- ) Expedir certificacións das actas, dos acordos e dos documentos
confiados á súa custodia, co visto e prace do conselleiro maior.
- ) Forma-lo anteproxecto de presuposto e o proxecto de memoria
anual, que se deben someter ó Pleno.
- ) Custodia-lo Rexistro Xeral e a documentación do Consello e
dispo-los servicios de arquivo e biblioteca.
- ) Controlar ou verifica-la acreditación dos que actúan por representación.
- ) Exercer, por delegación do conselleiro maior, a xefatura
superior do persoal do Consello e propo-la súa adscrición ós distintos
servicios.
- ) Vixia-la asistencia do persoal ó Consello e o desenvolvemento
do seu traballo.
- ) Actuar como instructor nos expedientes que se inicien por
motivo de faltas cometidas polo persoal do Consello e elevarlle á
Comisión de Goberno a proposta correspondente.
- ) A supervisión da contabilidade e da xestión económica e
presupostaria do Consello.
- ) Aquelas que se relacionen co réxime interior do Consello e as
que lle confíen expresamente o Consello e o conselleiro maior.
Art. 22. Substitucións.
Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade, o secretario xeral
será substituído polo membro do persoal do Consello que acorde a
Comisión de Goberno.
Art. 23. Interventor.
O conselleiro maior poderá nomear e revogar libremente o interventor, que actuará con independencia no cumprimento das súas
funcións de fiscalización e con dependencia orgánica da Secretaría
Xeral.
Art. 24. Atribucións do interventor.
Correspóndelle ó interventor:
- ) A fiscalización de tódolos actos de contido económico e de
movemento de fondos realizados polo Consello.
- ) Asisti-lo secretario xeral na elaboración do anteproxecto do
presuposto.
- ) Dirixi-lo rexistro contable das operacións do Consello.
- ) Formalizar e tramita-los expedientes de gasto.
- ) O control da tesourería.
- ) Prepara-la rendición das contas propias do Consello e os
expedientes de modificación presupostaria.
- ) A xestión patrimonial dos bens, servicios e instalacións.
- ) En xeral, todas aquelas actuacións propias da xestión
económica e presupostaria do Consello.
Art. 25. Letrado maior.
Igualmente, baixo a dependencia orgánica do secretario xeral,
existirá un letrado maior, ó que lle corresponderán as seguintes
funcións::
- ) Documentar e asesorar xuridicamente as funcións do Consello
que así o requiran.
- ) Apoia-la Secretaría Xeral en materias da súa competencia.
- ) Asistir xuridicamente os equipos de auditoría.
- ) Actuar nos procedementos xurisdiccionais que lle afecten ó
Consello e nos referidos no artigo 2.2 deste regulamento.
- ) Calquera outra función que lle encomende o Consello.
CAPÍTULO II FUNCIONAMENTO
Art. 26. Dos conselleiros.
- Os conselleiros, en número de cinco, son designados polo
Parlamento mediante votación por maioría das tres quintas partes,
para un período de seis anos. Se se producisen vacantes, estas
cubriranse de acordo co establecido anteriormente e polo tempo que
reste de mandato.
- Os conselleiros serán renovados cada tres anos por tres e dúas
quintas partes sucesivamente, e poderán ser reelexidos.
- Os conselleiros de contas serán independentes e inamovibles e
serán elixidos entre conselleiros do Tribunal de Contas, auditores de
contas, maxistrados, fiscais, funcionarios públicos pertencentes a
corpos que esixan a titulación académica superior e entre licenciados
en dereito, en ciencias económicas, en ciencias empresariais e
intendentes mercantís de recoñecida competencia con máis de doce
anos de exercicio profesional.
- Non poderán ser designados conselleiros de contas os que nos
dous anos anteriores estivesen comprendidos nalgún dos supostos
que se citan a continuación:
- ) As autoridades ou os funcionarios que teñen ó seu cargo a
xestión, inspección ou intervención dos ingresos e gastos do sector
público de Galicia.
- ) Os presidentes, directores e membros dos consellos de
administración de organismos autónomos e das empresas integradas
no sector público de Galicia.
- ) Os particulares que, excepcionalmente, administren, recaden
ou custodien fondos ou valores públicos.
- ) Os perceptores das subvencións con cargo a fondos público
- ) Calquera outra persoa que teña a condición de contadante ante
o Consello de Contas.
- ) Os beneficiarios de avales ou exencións fiscais directas e
persoais concedidas por calquera dos entes indicados no artigo 3
deste regulamento.
Art. 27. Incompatibilidades.
- Os membros do Consello de Contas estarán suxeitos ás mesmas
causas de incapacidade, incompatibilidade e prohibición establecidas
para os xuíces na Lei orgánica do poder xudicial.
- A condición de membro do Consello de Contas é incompatible
coa de:
- ) Deputado do Parlamento de Galicia ou de calquera outro
Parlamento autonómico.
- ) Deputado do Congreso dos Deputados.
- ) Senador.
- ) Membro do Tribunal de Contas.
- ) Valedor do pobo.
- ) Defensor do pobo.
- ) Calquera cargo político ou administrativo do Estado, das
comunidades autónomas e das entidades locais ou dos seus
organismos autónomos e das empresas públicas, calquera que sexa a
súa forma xurídica.
- ) Exercer funcións directivas ou executivas en partidos políticos,
centrais sindicais, organizacións empresariais e colexios profesionais.
- ) Membro de calquera dos órganos asesores da Xunta de Galicia.
- ) Exerce-la súa profesión ou de calquera outra actividade
remunerada.
- Non obstante, os conselleiros poderán ter, con carácter
ocasional, e autorización do Parlamento, actividades de colaboración
na docencia ou na investigación, sempre que sexan non remuneradas
e non incidan nin interfiran no estricto cumprimento dos seus deberes
nin comprometan a súa imparcialidade e independencia no exercicio
do seu cargo.
- Así mesmo, poderán exerce-la administración do seu propio
patrimonio, sempre que por razón do mesmo non teñan a condición
de contadantes perante o Consello de Contas.
- Se a designación recaese nalgunha das persoas ás que se refire
o apartado anterior, antes de tomar posesión, deberá renunciar ó seu
cargo ou función.
Art. 28. Toma de posesión.
- O acto de toma de posesión do cargo de conselleiro de contas
celebrarase na sede do Parlamento de Galicia e perante a súa Mesa.
- Expirado o mandato, continuarán no exercicio das súas funcións,
con carácter de prórroga, ata que tomen posesión os novos conselleiros.
- A toma de posesión dos membros do Consello de Contas
implicará a declaración, se é o caso, do interesado na situación de
servicios especiais ou equivalentes na carreira ou no corpo de
procedencia.
Art. 29. Declaración de incompatibilidade.
- Os conselleiros presentaranlle á Mesa do Parlamento, antes da
súa toma de posesión, a declaración de non incompatibilidade nun
prazo de quince días, que se contará desde a data da súa designación
polo Pleno do Parlamento.
- Así mesmo, deberán comunicarlle ó Pleno do Consello se
adquiren algunha causa de incompatibilidade durante o seu mandato
de conselleiros. Corresponderalle ó conselleiro maior velar polo
cumprimento destes requisitos e informar ó Pleno en caso de
vulneración, para posterior coñecemento do Parlamento de Galicia.
Art. 30. Abstención e recusación.
Para os conselleiros rexen as causas de abstención e recusación
seguintes:
- ) Ter interese persoal no asunto ou na empresa ou entidade
interesadas, ou ter cuestión litixiosa pendente ou relación de servicio
con algún interesado.
- ) Ter parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao ou de
afinidade ata o segundo grao con calquera dos contadantes ou
administradores das entidades indicadas no artigo 3 deste
regulamento.
- ) Ter amistade íntima ou inimistade manifesta con algunha das
persoas sinaladas no apartado anterior.
Art. 31. Substitución por abstención.
O conselleiro afectado polas causas de abstención sinaladas
deberá comunicarllo ó conselleiro maior, para que, despois da
verificación pertinente, este lle propoña ó Pleno a designación doutro
conselleiro que se faga cargo do procedemento correspondente.
Art. 32. Recusación.
Cando algún membro do Consello ou persoa interesada no
procedemento suscitase a recusación dun conselleiro por concorrer
nel algunha ou algunhas das causas enumeradas no artigo 30 deste
regulamento e o conselleiro recusado admitise tal recusación diante
do conselleiro maior, procederase na forma recollida no artigo
anterior; pero se a recusación fose negada polo conselleiro afectado
conselleiro maior, tra-las oportunas comprobacións, informará ó
Pleno, que acordará o procedente nun prazo de dez días.
Art. 33.Responsabilidade.
Os conselleiros incorren en responsabilidade por incumprimento
das obrigas que lles impon a lei a este regulamento.
En particular polos seguintes motivos:
- ) Cando de forma reiterada e sen xustificación deixen de asistir
ás reunións do Pleno e, se é o caso, da Comisión de Goberno.
- ) Cando fagan manifestacións públicas que quebranten a
prohibición á que se refire o artigo (6.9 e 10)* deste regulamento.
(*) Por erro na publicación do DOG onde di artigo 6.9 e 10 debe dicir artigo
7.6 e 7.
- ) No caso de que vulneren as incompatibilidades e causas de
incapacidade sinaladas neste regulamento.
- ) Por non absterse nos casos que sexa procedente facelo, de
acordo coas causas de abstención e recusación recollidas no artigo 30
deste regulamento.
- )Cando non lle poñan de manifesto ó conselleiro maior as
irregularidades cometidas polo persoal adscrito ós traballos que están
baixo a súa dirección, sempre que délas tivesen o oportuno coñecemento.
Art. 34. Perda da condición.
- Os membros do Consello de Contas de Galicia perden a súa
condición de tales polas seguintes causas:
- ) Por morte ou por renuncia presentada e debidamente aceptada
polo Parlamento.
- ) Por extinción do mandato, ó expira-lo seu termo.
- )Por incapacidade, declarada por decisión xudicial firme.
- ) Por inhabilitación para o exercicio dos dereitos políticos,
declarada por decisión xudicial firme.
- ) Por condena en sentencia firme a causa de delicto.
- ) Por incumprimento das obrigas do cargo contidas nas normas
deste regulamento.
- ) Por declaración de incompatibilidade.
- Atramitación do expediente de responsabilidade disciplinaria á
que alude a alinea f) do punto anterior axustarase ó establecido para
o procedemento sancionador nas disposicións correspondentes. O
Pleno do Consello, no mesmo acordo de incoación do expediente ou
por acordo independente adoptado por maioría dos seus membros de
dereito, designará un conselleiro como instructor e tras aprobar,
igualmente por maioría, a proposta correspondente, elevaralle as
actuacións á Comisión parlamentaria, para os efectos de que emita
dictame e lle someta ó Parlamento, que no seu día elixiu o conselleiro
afectado, a decisión que proceda.
- Se a responsabilidade afectase a máis de un conselleiro, o Pleno
remitiralle o expediente ó Parlamento, para os efectos da súa
resolución.
- O Pleno do Consello poderá suspende-lo conselleiro ou
conselleiros afectados no exercicio das súas funcións, como medida
provisional e polo mesmo quorum establecido no punto anterior, no
caso de procesamento por delicto doloso e mentres non recaia
sentencia; ou polo tempo indispensable para resolver sobre a
concorrencia das causas do cesamento, nos casos de incapacidade ou
incompatibilidade; ou mentres dure a tramitación do expediente, por
incumprimento grave dos deberes do cargo.
Art. 35. Persoal ó servicio do Consello.
O persoal ó servicio do Consello de Contas está constituído polas
persoas vinculadas ó mesmo por unha relación de servicios
profesionais e retribuídos, con cargo ás dotacións recollidas no seu
propio presuposto.
Art. 36. Clasificación do persoal.
- O persoal ó que se refire o artigo anterior clasifícase en:
- ) Funcionarios.
- ) Persoal eventual.
- ) Persoal interino.
- ) Persoal laboral.
- O Consello de Contas terá respecto do seu persoal as mesmas
competencias que posúa en cada momento a Administración da
Comunidade Autónoma e exerceraas autónomamente a través dos
seus propios órganos.
- Os auditores, técnicos de auditoría e axudantes de
auditoría serán seleccionados por oposición, concurso ou
concurso-oposición ou por calquera dos procedementos legáis
de provisión de postos de traballo.
- O Consello de Contas disporá así mesmo do persoal técnico,
administrativo, auxiliar e subalterno que sexa necesario para o
desenvolvemento das súas funcións. O devandito persoal poderá
proceder doutras administracións públicas ou ser seleccionado
igualmente por oposición, concurso ou concurso-oposición.
Art. 37. Funcionarios.
Estarán ocupados por funcionarios de carreira os postos que así
expresamente se indiquen na relación de postos de traballo aprobada
polo Consello de Contas.
Art. 38. Interinos.
É persoal interino o que, por razóns de urxencia ou necesidade,
ocupe prazas do cadro de persoal do Consello, mentres non se
provexan por funcionarios.
Art. 39. Persoal en réxime laboral.
Poderase autoriza-la contratación de persoal en réxime laboral
para o desempeño de postos de traballo que reúnan as características
previstas na Lei da función pública galega. O devandito persoal
rexerase polo disposto no Estatuto dos traballadores e nas súas
disposicións complementarias.
Art. 40. Persoal eventual.
O persoal eventual so poderá exercer funcións de confianza e
asesoramento especial dos membros do Consello e será designado
por este. O seu cesamento producirase por decisión do Consello ou
de forma automática ó finaliza-lo período para o que foron nomeados
os conselleiros os que estivesen asignados.
Art. 41. Comisionados.
- O Consello de Contas poderá comisionar expertos, sexan ou
non funcionarios, que teñan a titulación pertinente, co obxecto de
inspeccionar, revisar e comprobar documentación, libros, metálico,
valores, bens e existencias das entidades do sector público galego, ou
para practica-la función prevista no apartado 1.2 do artigo 4 deste regulamento e, en xeral, para comproba-la realidade das operacións
reflectidas nas súas contas e emiti-los informes correspondentes.
- Non pederán ser comisionados, ós que incorran nalgún dos
supostos os que se refire o número 4 do artigo 26 deste regulamento.
Art. 42. Incompatibilidades.
- O desempeño dun posto de traballo no Consello de Contas será
incompatible co desempeño dun segundo posto de traballo, cargo ou
actividade no sector público da Comunidade, dentro do marco e coas
excepcións previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre
incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública.
- Logo de informe favorable da Comisión de Goberno, poderá
autorizarse con carácter temporal o exercicio de funcións docentes ou
de investigación, sempre que iso non menoscabe ou impida o estricto
cumprimento das súas obrigas ou comprometa a súa imparcialidade
ou independencia.
TÍTULO III Garantías, normas e procedementos para asegura-la rendición de contas
CAPÍTULO I DEBER DE COLABORACIÓN
Art. 43. Obrigación de colaborar.
- Tódalas entidades ás que se refire o artigo 3 do presente
regulamento colaborarán co Consello de Contas no exercicio das súas
funcións e estarán obrigadas a subministrarlle cantos datos, estados,
documentos, antecedentes ou informes lles solicite.
- Cando a normativa vixente estableza a obrigatoriedade de
auditoría de contas para determinadas entidades do sector público,
proporcionaráselle o correspondente informe ó Consello.
- O incumprimento dos requirimentos do Consello poderá supola
aplicación das sancións legalmente establecidas.
- Se os requirimentos se refiren á reclamación de xustificantes de
investimentos ou gastos públicos e non son cumpridos no prazo
solicitado, iniciarase de oficio o oportuno expediente de reintegro.
- O Consello de Contas poñerá en coñecemento do Parlamento de
Galicia a falta de colaboración dos obrigados a prestala.
- Trasladaranse ó Consello de Contas as auditorías practicadas
polos servicios competentes da Administración autonómica ou baixo
a dirección da Xunta de Galicia.
Art. 44. Iniciativa.
- Os procedementos para o exercicio da función fiscalizadora
impulsaranse de oficio en tódolos seus trámites.
- A iniciativa correspóndelles ó propio Consello e ó Parlamento de
Galicia.
- Os requirimentos de inhibición feitos ó Consello de Contas non
producirán a suspensión do respectivo procedemento.
Art. 45. Documentación.
Cando teñan entrada no Consello as contas, os contratos, os
concertos, os avales, as subvencións, as auditorías e outros
documentos contables rendidos polos contadantes correspondentes,
coa periodicidade e nos termos establecidos na lexislación vixente e
neste regulamento, o secretario xeral trasladarallos á Sección de
Fiscalización, que os examinará para comprobar que se recibiron con
tódolos requisitos legalmente esixibles. No caso de observarse
omisións, e sen prexuízo de acusa-la recepción dos mesmos, reclamarase
dos organismos competentes os datos ou a documentación
que hai que cubrir, para o que disporán dun prazo de quince días;
transcorrido este sen que o requirimento fose atendido, a Sección de
Fiscalización daralle conta á Comisión de Goberno para que esta á
súa vez informe ó Pleno e adopte as medidas que correspondan para
a súa resolución.
Art. 46. Morosos.
Cumpridos os prazos previstos, o secretario xeral fará unha
relación dos entes que non remitisen as contas dentro dos mesmos,
requiríndoos para que cumpran a súa obriga no termo de quince días.
Se nese prazo non se atendese o requirimento terase en conta o
disposto no artigo 43.2 deste regulamento.
Art. 47. Documentación ó dispor do Consello
Nas contas que se lle rendan ó Consello poderán deixarse de
remitir tódolos documentos xustificativos das correspondentes
partidas. Nestes casos, á documentación preceptiva unirase
certificación expedida baixo a responsabilidade do contadante,
indicarase que os xustificantes se encontran ó dispor do Consello e
expresarase igualmente na devandita certificación un inventario
exhaustivo dos mesmos, na que se detallen, ademais, as causas que
xustifican a posible ausencia dos que falten.
Art. 48. Prazo de presentación das contas.
As contas sometidas a exame e fiscalización terán que presentarse
nos seguintes prazos:
- ) A conta xeral da Comunidade Autónoma prevista na Lei de
xestión económica e financeira pública de Galicia, que se renderá por
conducto da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, deberá
estar en poder do Consello dentro dos dous meses seguintes á data da
súa formación, acompañada das notas de defectos ou reparos que se
producisen.
- ) As contas que teñan que remitirse ó Consello por outros
conductos deberán estar en poder do mesmo nos prazos que
determinen as disposicións de aplicación. Nos supostos en que non
exista regulación legal expresa, deberán presentarse no Consello
antes do 30 de xullo do exercicio seguinte ó de execución.
- ) As contas das entidades locais, dentro do fixado pola súa
regulación legal específica.
- ) As contas parciais que lle remitan directamente ó Consello os
contadantes enviaranse ó mesmo dentro dos quince días seguintes á terminación do período ó que se refiran.
- ) As contas dos perceptores ou beneficiarios de subvención ou outras
axudas procedentes do sector público galego remitiranse ó Consello
dentro do mes seguinte á data de aprobación das súas contas anuais.
- ) No suposto de que o órgano competente non aprobase as contas,
estas deberán remitirse ó Consello de Contas acompañadas da acta que
recolla as circunstancias que impediron o cumprimento daquel trámite.
Art. 49. Contadantes.
Serán contadantes das contas que se lle deban render ó Consello
de Contas:
- ) As autoridades, os funcionarios e demais persoal das entidades
do sector público galego que teñan ó seu cargo a xestión dos ingresos
e gastos públicos, así como as demais operacións de administración.
- ) Os presidentes ou directores dos organismos autónomos e das
empresas públicas a que se refire o artigo 3 deste regulamento.
- ) Os particulares que, excepcionalmente, administren, recaden
ou custodien fondos ou valores da Comunidade Autónoma, sen
prexuízo de que sexan intervidas as respectivas operacións.
- ) Os perceptores das subvencións correntes ás que se refire a
vixente Lei de xestión económica e financeira pública de Galicia.
- ) Os responsables de calquera outra entidade, con ou sen
personalidade xurídica, que reciban ou administren fondos da
Administración pública de Galicia.
CAPÍTULO II FISCALIZACIÓN, MEMORIAANUAL E AXUIZAMENTO
Art. 50. Fiscalización.
ENo exame das contas tomaranse en consideración, como mínimo,
os seguintes criterios:
- ) Adecuación das contas examinadas ós principios contables que
lles sexan aplicables.
- ) Adecuación á legalidade vixente na xestión dos fondos
públicos e especialmente se, contrastada a conta e os seus
xustificantes, aparece ou non a legalidade dos ingresos e pagamentos
realizados.
- ) Se nas contas e nos documentos examinados hai erros ou
irregularidades que alteren os resultados debidos.
- ) Avaliación do grao de eficacia no logro dos obxectivos
previstos.
- ) Avaliación da xestión dos recursos humanos, materiais e dos
fondos presupostarios para comprobar que se desenvolveu de forma
económica e eficiente.
Art. 51. Actuación complementaria.
Cando para formarse un xuízo adecuado acerca dalgún extremo
sexan necesarios outros documentos, ademais dos achegados nas
contas, ou se se estima necesaria a práctica de calquera outra
dilixencia, haberá que aterse ó disposto no artigo 41 deste
regulamento.
Art. 52. Notificación do inicio da actividade fiscalizadora.
O Consello de Contas notificaralles ós contadantes das entidades
que vaian ser fiscalizadas nas súas propias dependencias o inicio da
actividade cunha antelación mínima de cinco días hábiles.
Art. 53. Adscrición.
Os conselleiros son os titulares legáis para exerce-la función
fiscalizadora correspondente ó departamento sectorial ó que fosen
adscritos polo Pleno do Consello e da que serán responsables.
Art. 54. Dirección da actividade fiscalizadora.
- A fiscalización correspondente a cada departamento sectorial
efectuarase baixo a dirección do conselleiro adscrito ó mesmo.
- Cando no exercicio da función fiscalizadora deba intervir
máis de un conselleiro, porque lles corresponda analizar aspectos
diferentes dun mesmo departamento sectorial, o Pleno da Sección
decidirá a forma en que se levará a cabo a función fiscalizadora.
- En cada caso o Pleno da Sección adoptará as medidas de
coordinación que procedan e informará diso á Comisión de
Goberno.
Art. 55. Comprobación documental.
Os conselleiros, no exercicio da función fiscalizadora,
examinarán e comprobarán as actividades de cada departamento
sectorial e aplicarán os criterios fixados no artigo 50 deste
regulamento mediante:
- ) O requirimento dos documentos que compoñen os
expedientes de actos e contratos que orixinan efectos contables.
- ) A verificación da legalidade económico-financeira e contable
das diferentes áreas funcionais e das súas unidades orgánicas.
- ) A comprobación dos acordos de gastos, contratos, concertos,
subvencións e avales, que se realizará examinando os
correspondentes expedientes administrativos, exame que poderá
estenderse á materialización dos acordos.
- ) A fiscalización farase extensiva ás empresas privadas que
gocen dos beneficios citados no apartado anterior e efectuarase
mediante o exame dos documentos que xustifiquen a aplicación dos
fondos asignados á finalidade para a que se lle outorgou o
beneficio.
Art. 56. Instrumentación.
A comprobación de tódolos acordos de gasto, contratos,
concertos, subvencións e avales pódese efectuar mediante:
- ) Exame dos expedientes administrativos que se achegan á
rendición de contas na sede do Consello, as dependencias públicas
ou intervencións que as tramitasen.
- ) Se se estima conveniente, e cando se trate de bens,
subministracións e servicios, poderase examina-la súa
materialización na localización física correspondente.
- ) Os mandatos de pagamento por xustificar poderán ser obxecto
de comprobación nas propias intervencións.
Art. 57. Verificación da aplicación.
- A comprobación das subvencións, dos préstamos, dos avales e
doutras axudas a empresas privadas por parte da Administración
pública ou doutros entes do sector público galego poderá realizarse
seguindo calquera dos procedementos establecidos nos apartados
anteriores.
- Neste caso verificaranse os documentos que xustifiquen o desembolso
dos fondos públicos por parte do ente público e a forma de realizalo.
- Verificarase así mesmo a recepción da axuda por parte da
empresa beneficiara e comprobarase a aplicación dos fondos á
finalidade para a que se lle outorga o beneficio, e tamén se
comprobará se a empresa cumpre tódolos requisitos legais para
facerse acredora do beneficio que se lle outorga.
Art. 58. Conclusión da fiscalización.
Concluída a fiscalización co alcance e contido establecidos na Lei
do Consello de Contas e neste regulamento, actuarase do seguinte
modo:
- ) Con anterioridade a que por parte do correspondente
conselleiro se redacte o oportuno proxecto de informe, poñeránselles
de manifesto as actuacións practicadas ós responsables do ente
fiscalizado, para que nun prazo non superior a trinta días aleguen e
presenten os documentos e as xustificacións que estimen pertinentes.
- ) Se en vista das alegacións e xustificacións presentadas, de
acordo co establecido no número anterior, se acordasen outras
comprobacións ou dilixencias, concederase nova audiencia nos
termos e prazos que o Pleno da Sección determine.
Art. 59. Elaboración do informe.
Unha vez cumprido o que se establece nos apartados anteriores,
os informes derivados da fiscalización realizada serán elaborados
baixo a dirección do conselleiro responsable. Este informe constituirá
a base da proposta que se lle elevará ó Pleno da Sección.
Art. 60. Proposta do informe.
O Pleno da Sección fará as observacións e conclusións que estime
pertinentes, tanto se son diferentes coma complementarias. O
conselleiro relator poderá recollelas e incorporalas ó seu informe,
pero, se non se produce esta incorporación, o presidente da Sección
deberá defendelas perante o Pleno do Consello na mesma sesión na
que o conselleiro relator presente e defenda o seu informe, coa
finalidade de que o Pleno do Consello tome o acordo que estime
conveniente.
Art. 61. Tramitación.
No caso de non existir discrepancias diante do Pleno da Sección,
o informe tramitarase e aprobarase complementado cos anexos
correspondentes e elevarase ó Pleno do Consello.
Art. 62. Traslado do informe.
- Os resultados das fiscalizacións integraranse e concretaranse en
memorias e informes que se elevarán ó Parlamento de Galicia, con
remisión de copias á Xunta de Galicia e os órganos ou entidades
afectados, á vez que serán publicados no Diario Oficial de Galicia.
- Cando os informes se refiran á xestión económica e financeira
das corporacións locais, daráselles traslado, ademais de ó Parlamento
de Galicia e ó Tribunal de Contas, as propias corporacións, a fin de
que os seus respectivos plenos os coñezan e, se é o caso, adopten as
medidas que procedan.
Art. 63. Memoria anual.
- O resultado da función de fiscalización do Consello de Contas
farase constar por medio da memoria e do informe anual, dos informes de fiscalización selectiva ou das memorias ordinarias e
extraordinarias, das mocións e das notas.
- A memoria anual de actividades comprenderá o programa de
traballo que se vai realizar durante o ano presente e un balance das
actividades realizadas durante o ano anterior. Á devandita memoria,
clasificada por apartados, xuntaráselle a seguinte documentación:
- ) A declaración definitiva sobre o exame e a comprobación da
conta xeral da Comunidade.
- )O informe anual de fiscalización sobre a xestión económica
do sector público da Comunidade.
- ) O informe de fiscalización da conta xeral das entidades
locais.
- ) Un resume detallado dos informes de fiscalización selectivos
ou das memorias ordinarias ou extraordinarias realizadas no
anterior exercicio.
- ) O informe das actividades xurisdiccionais practicadas por vía
de delegación do Tribunal de Contas.
- ) O anexo das contas do Consello de Contas coa súa
correspondente liquidación.
- ) Conclusións xerais sobre a situación económica e financeira do
sector público de Galicia.
- Para o cumprimento das actuacións referidas, o Consello de
Contas disporá dun prazo de seis meses, contados desde a data na que
se rendesen as contas xerais da Comunidade Autónoma.
- Nos anos sucesivos deberá porse de manifesto nas memorias
anuais o grao de cumprimento das recomendacións efectuadas polo
Consello en períodos anteriores.
- Os informes de fiscalización selectiva ou as memorias
ordinarias ou extraordinarias son os instrumentos nos que se
materializa o resultado dun procedemento fiscalizador tramitado a
solicitude do Parlamento ou a iniciativa do propio Consello. Neste último suposto, o informe será ordinario se figura na programación
anual de actividades, e extraordinario, cando o solicite o Pleno do
Consello de Contas, sempre que, ó seu xuízo, a actividade que se
vai fiscalizar reúna os requisitos de urxencia e de extraordinaria
importancia.
- As mocións e notas dirixidas á autoridade, ós organismos ou ás
entidades ós que afecte o resultado da fiscalización conterán, na
primeira modalidade, propostas tendentes a modifica-la
interpretación dunha norma ou regulamentación e, na segunda,
recomendacións para revisar prácticas administrativas inadecuadas
ou prexudiciais para o sector público que xestione a devandita
entidade ou institución.
- En materia de contabilidade pública e de xestión económicofinanceira,
a función de asesoramento que lle soliciten as institucións
e os entes públicos galegos instrumentarase por medio de resolución
de consultas ou dictames.
Art. 64. Contido da fiscalización.
- A fiscalización da xestión económica da Comunidade e do
sector público galego comprenderá, entre outros, os seguintes
extremos:
- ) Observancia da Constitución e do Estatuto de autonomía de
Galicia, das leis reguladoras dos ingresos e gastos do sector e das
actividades económico-financeira e contable do mesmo.
- ) Cumprimento das previsións e da execución dos presupostos
da Comunidade Autónoma, das entidades locais e demais entidades
suxeitas á súa fiscalización.
- ) Racionalidade na execución do gasto público, baseado en
criterios de eficacia e economía.
- ) Execución dos programas de actuación, investimentos e
financiamento e demais plans ou previsións que rexan a actividade
das empresas públicas e das empresas vinculadas á Comunidade
Autónoma, así como o emprego ou a aplicación de subvencións con cargo ó presuposto da Comunidade Autónoma e das exencións fiscais
directas e persoais concedidas.
- Nos informes ou nas memorias, o Consello de Contas:
- ) Proporá as medidas que se deban adoptar, se é o caso, para a
mellora da xestión económico financeira do sector público de Galicia.
- ) Fará constar cantas infraccións, abusos ou prácticas irregulares
se observasen, con indicación da responsabilidade en que, ó seu
xuízo, se incorrese e das medidas para esixila.
- ) Avaliará conforme a criterios de racionalidade, eficiencia,
eficacia e economía a actuación das administracións públicas.
Art. 65. Resultado do axuizamento.
A función de axuizamento contable realizarase nos supostos de
delegación aprobados polo Tribunal de Contas e de acordo cos
procedementos establecidos nas normas do órgano delegante. O seu
resultado incorporarase á memoria anual por vía de informe.
Art. 66. Contido dos informes.
- Os informes deberán conter, se é o caso, un detalle completo das
infraccións, dos abusos, ou das presuntas irregularidades que se observasen,
con indicación da responsabilidade na que ó seu xuízo se incorrese.
- Se estas infraccións non producisen menoscabo de fondos
públicos, faranse consta-las irregularidades e proporase a adopción
de medidas oportunas para a súa corrección.
- Pola contra, se se comprobasen estas infraccións, o servicio
instructor dos procedementos xurisdiccionais emitirá informe, logo
de petición do Consello, para proceder segundo o estipulado no
artigo 71 deste regulamento.
- Cando non se advertisen anomalías nin responsabilidades,
farase constar así no informe.
Art. 67. Axuizamento.
- Se no exercicio da súa función fiscalizadora ou con motivo de denuncia pública fundamentada o Consello tivese coñecemento da
existencia de feitos ou comportamentos que puidesen ser
constitutivos de responsabilidade contable, a Comisión de Goberno
porao en coñecemento do Pleno, o que os estudiará e resolverá se
procede ou non o seu traslado á Sección de Axuizamento, coa
finalidade de que esta practique a oportuna información, para os
efectos de conseguir non só a ratificación dos mesmos, senón tamén
a concreción das supostas responsabilidades contables e a achega de
documentos e probas.
- O Pleno da referida Sección poderá a tal fin solicita-la
colaboración da de Fiscalización, para a verificación de determinados
aspectos concretos daquelas actuacións.
Art. 68. Traslado ó Consello.
Practicada a información á que se fixo referencia, o Pleno da
Sección trasladará ó do Consello tódalas actuacións co informe
correspondente.
Art. 69. Traslado ó Tribunal de Contas
Confirmadas as presuntas irregularidades e asumido polo Pleno o
citado informe, non considerando que procede amplia-las actuacións
levadas a cabo, este daralle traslado do mesmo ó Tribunal de Contas.
Art. 70.Comunicación das irregularidades ó Tribunal de
Contas.
Comunicadas ó Tribunal de Contas as irregularidades a que se
fixo referencia, e de producirse a delegación que prevén os artigos
26.3 da súa Lei orgánica 2/1982 e 2.2 deste regulamento, o Consello
instruirá os procedementos xurisdiccionais para o axuizamento das
responsabilidades contables en que puideron incorrer aqueles que
teñen ó seu cargo o manexo de fondos públicos, seguindo para iso as
normas establecidas polo xa citado Tribunal.
Art. 71. Iniciación do procedemento.
O conselleiro maior comunicaralle á Sección de Axuizamento que
inicie o procedemento. Para tal efecto nomeará o instructor encargado do caso proposto polo Pleno daquela Sección, así como o
equipo de auditoría que deba presta-la súa colaboración en función da
área afectada pola responsabilidade contable.
Á súa vez, o instructor
proporalle á Sección o nomeamento dun funcionario do Consello,
que actuará de secretario.
Art. 72. Prazos.
Para levar a cabo as súas actuacións, o instructor disporá do prazo
de dous meses. Transcorrido o mesmo e de non ter finalizado o seu
traballo, poderalle solicita-la súa ampliación á Sección de
Axuizamento por causa xustificada.
Art. 73. Proposta de resolución.
Unha vez completado o seu traballo, o instructor elaborará a
proposta de resolución, que, unida ás actuacións de procedemento, lle
elevará ó presidente da Sección de Axuizamento, o cal a someterá a
coñecemento e resolución do Pleno desta Sección.
Art. 74. Elaboración do expediente.
Se o Pleno da Sección considera que non é preciso practicar
ampliación de dilixencias, elevará a definitiva a proposta, a cal se
trasladará ó conselleiro maior para que o Pleno do Consello poida á
súa vez adopta-lo acordo que mellor estime.Na reunión do Pleno, o presidente da Sección de Axuizamento
actuará de relator.
Art. 75. Resolución definitiva.
Adoptada polo Pleno do Consello de Contas a resolución
definitiva, o conselleiro maior trasladaralla ó Tribunal de Contas, con
todo o actuado, de acordo co estipulado no artigo 5 da Lei 6/1985, do
24 de xuño.
TÍTULO IV Relacións do Consello de Contas co Parlamento. As contas do
Consello. Réxime económico e presupostario. Medios de
constrinximento
CAPÍTULO I RELACIÓNS DO CONSELLO DE CONTAS CO PARLAMENTO
Art. 76. As contas do Parlamento.
Sen prexuízo do disposto na Lei de xestión económica e
financiera pública de Galicia e en virtude do preceptuado no artigo 4
da Lei 6/1985, do 24 de xuño, reguladora do Consello de Contas, o
Parlamento de Galicia remitiralle a este Consello e as súas contas
xerais antes do 30 de xullo do ano seguinte ó do exercicio económico
ó que correspondan, para a fiscalización das mesma
CAPÍTULO II AS CONTAS DO CONSELLO
Art. 77. Exame das contas.
O exame das contas do Consello de Contas correspóndelle ó
Parlamento de Galicia, ó que se deberán trasladar con esta finalidade
como anexo da memoria anual á que se refire ó artigo 63 deste
regulamento.
Art. 78. Regulación do desenvolvemento.
As contas do Consello desenvolveranse de acordo cos apartados
e conceptos recollidos na Lei de xestión económica e financeira
pública de Galicia e demais disposicións sobre contabilidade pública
que puidesen afectalo.
Art. 79. Elaboración da conta do Consello.
A elaboración da conta do Consello correspóndelle ó interventor,
de acordo co recollido no artigo 24 deste regulamento, para ser sometida posteriormente á aprobación do Pleno, antes da súa
remisión ó Parlamento.
Art. 80. Xustificantes.
Os xustificantes das contas permanecerán na sede do Consello ó
dispor do Parlamento.
CAPÍTULO III RÉXIME ECONÓMICO E PRESUPOSTARIO
Art. 81. Proxecto de presuposto.
- De acordo co prevido no artigo 20 deste regulamento, o
secretario xeral redactará o anteproxecto de presuposto do Consello
antes do 1.° de xuño de cada ano e sometarallo ó Pleno para a súa
aprobación.
- O secretario xeral achegaralle ó anteproxecto unha memoria
explicativa e a liquidación do presuposto do exercicio anterior.
Art. 82. Integración do proxecto.
O proxecto do presuposto e a documentación anexa, unha vez
aprobado polo Pleno do Consello, tramitaránselles á Consellería de
Economía e Facenda dentro do prazo establecido para o efecto, para
que sexa integrado no proxecto de presupostos xerais da Comunidade
Autónoma.
Art. 83. Execución do presuposto.
- De acordo co artigo 10 deste regulamento, correspóndelle á
Comisión de Goberno a autorización dos gastos, a disposición dos
créditos e o recoñecemento das obrigas que lle corresponda asumir ó
Consello. En todo caso, compételle ó conselleiro maior a ordenación
dos pagamentos correspondentes.
- A Comisión de Goberno poderá delegar no conselleiro maior a
autorización de gasto, ata unha determinada contía, así como a
relativa a obrigacións de carácter fixo e periódico.
- A Comisión de Goberno tamén poderá acorda-lo libramento de
cantidades por xustificar ó habilitado de material do Consello, para a
adquisición de material de oficina non inventariable e gastos diversos
de contía reducida, do que se renderá conta trimestralmente na forma
que se estableza.
- A execución do presuposto que implique calquera
modificación presupostaria será competencia do Pleno do Consello.
Art. 84. Libramento en firme.
- As dotacións presupostarias do Consello de Contas libraraas en
firme e periódicamente a nome do mesmo a Consellería de Economía
e Facenda, a medida que este o requira, e non estarán suxeitas a
ningún tipo de xustificación perante o Goberno galego.
- Os documentos contables que se expidan para facer efectivas
aquelas dotacións presupostarias a prol do Consello de Contas serán
propostos e autorizados pola Consellería de Economía e Facenda.
Art. 85. Réxime de contabilidade.
O Consello de Contas, en aplicación do prevido na Lei de xestión
económica e financeira pública de Galicia, está suxeito ó réxime de
contabilidade pública, que se establecerá de forma independente e
segregada da propia da Comunidade Autónoma, de acordo coas
especificacións previstas neste regulamento.
CAPÍTULO IV MEDIOS DE CONSTRINXIMENTO
Art. 86. Facultades do Consello.
- Os medios de constrinximento que o Consello poderá empregar
gradualmente para asegura-la rendición de contas e o mellor
cumprimento das súas funcións son:
- ) O requirimento, entendéndose por tal a orde que comunique o
Consello pola que se fixe o prazo para o cumprimento dun servicio.
- ) A imposición de multas coercitivas.
- ) A formación de oficio de conta retrasada e dos estados ou
documentos que se pidan, a cargo e risco do constrinxido.
- En calquera caso, e sen prexuízo de deducir tanto de culpa por
desobediencia para os efectos de instrucción do proceso penal, o Consello
de Contas poderá proporlle á autoridade ou ó órgano competente do que
dependa o contadante a apertura do procedemento sancionador.
Art. 87. Sancións.
- No caso de incumprimento dos requirimentos efectuados, o
Consello de Contas poderá imporlles multas ata a contía de un mes
dos seus haberes ós funcionarios e, para os particulares, ata a
cantidade de 100.000 ptas., a primeira vez, e de ata dous meses ou de
500.000 ptas., respectivamente, en caso de reincidencia.
- Se o requirido ó pagamento fose persoal ó servicio das
entidades ás que se refire o artigo 3 deste regulamento e non o fixese
efectivo, ordenaráselle ó habilitado ou pagador que, baixo a súa
responsabilidade, faga efectivo o importe da mesma, deducindo da
primeira mensualidade que lle corresponda percibir ou das
sucesivas, se excedese, na cantidade que legalmente poida ser
descontada.
- Cando o constrinxido sexa un particular, o Consello, para a
efectividade da multa, procederá ó seu cobramento en voluntaria, e,
de non efectuarse o pagamento en vía executiva, aplicará as normas
da Comunidade Autónoma que regulen a recadación dos seus tributos
e, no seu defecto, as normas estatais. Para estes efectos, a
correspondente certificación de descuberto expediraa o secretario
xeral do Consello de Contas.
- De toda imposición de multa a altos cargos ou persoal das
administracións autonómica, local ou corporativa, daráselle conta á
autoridade da que dependen, e exporánselle as causas que
determinasen o devandito medio de constrinximento para que, sen
prexuízo da exacción da multa polo Consello de Contas, adopte
aqueloutras medidas que estime convenientes.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En todo o non regulado pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, e por este
regulamento, haberá que aterse ó disposto na Lei orgánica 2/1982, do
12 de maio, e na Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladoras do
funcionamento do Tribunal de Contas.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
O presente regulamento entrará en vigor o día seguinte da súa
publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1992.
O Presidente da Comisión Permanente non Lexislativa para
Relacións co Consello de Contas
Pablo Egerique Martínez
NORMAS REGULADORAS DAS RELACIÓNS ENTRE O CONSELLO DE CONTAS E O PARLAMENTO DE GALICIA APROBADAS POLA
MESA DO PARLAMENTO
( B.O. Parlamento de Galicia no 400, do 28 de abril de 1993 )
PRESIDENCIA
Oída a Xunta de Portavoces, a Mesa do Parlamento, en reunión
celebrada o día 25 de marzo de 1993, acordou:
1° Aproba-las Normas reguladoras das relacións entre o Consello
de Contas e o Parlamento de Galicia e dispoñe-la súa inmediata
publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
2° Aplica-los artigos 5 e 8 das devanditas normas para a
tramitación dos informes de fiscalización do Tribunal de Contas do
Estado para a Conta xeral da Comunidade Autónoma correspondente ó
exercicio de 1989 e para os exercicios anteriores que sexan
procedentes respecto das sesións informativas, facultando á Mesa da
Comisión para a súa decisión.
O que se publica para xeral coñecemento ó abeiro do disposto nos
artigos 65 e concordantes do Regulamento.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 1993.
O PRESIDENTE
Victorino Núñez Rodríguez
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O artigo 21 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas,
establece que unha Comisión parlamentaria se encargará das
relacións entre este órgano estatutario de fiscalización externa e o
Parlamento de Galicia.
Para desenvolver este artigo tíñanse que producir dentro do
Parlamento tres actuacións:
- a) A constitución da Comisión parlamentaria referida.
Feito que se produciu o día 19 de abril de 1991.
- b) A aprobación do Regulamento de réxime interior do Consello
de Contas.
O día 2 de xuño de 1992 a Comisión parlamentaria constituída
deulle cumprimento ó mandato contido na disposición derradeira da
Lei 6/1985, e o dito Regulamento publicouse no Diario Oficial de
Galicia no 138, do 17 de xullo de 1992.
- c) A regulación das relacións entre ámbalas dúas institucións.
Este é o labor que resta facer. Ante o silencio do Regulamento da
Cámara e do marco legal vixente, a Mesa do Parlamento, en exercicio
da facultade recoñecida no artigo 30.1.1ª do Regulamento e coa
axuda da Comisión non Permanente lexislativa creada, e que para tal
fin asumiu a fase de elaboración destas normas, e co pronunciamento
favorable da Xunta de Portavoces, na fase de discusión, acaba de
aproba-las normas que regulan as devanditas relacións sobre a
fiscalización externa da actividade económico-financeira do sector
público de Galicia, da súa iniciativa de oficio ou a pedimento do
Parlamento, na vertente parlamentaria, coa finalidade de darlles
trámite no seo da Cámara ás memorias, informes e dictames previstos
na Lei 6/1985, do 24 de xuño.
I Órganos competentes
Artigo 1. Informe anual de fiscalización sobre a Conta xeral da
Comunidade Autónoma.
De conformidade co disposto nos artigos 53.2 do Estatuto de
autonomía de Galicia e 20 da Lei 6/1985, do 24 de xuño,
correspóndelle ó Pleno do Parlamento a aprobación da Conta xeral da
Comunidade Autónoma, logo de dictame da Comisión parlamentaria
de Relacións co Consello de Contas.
Art. 2. Iniciativa de fiscalización selectiva.
En desenvolvemento do disposto no artigo 24.1 da Lei 6/1985, a
iniciativa para o exercicio da función fiscalizadora selectiva
correspóndelle á Comisión Permanente non Lexislativa de Relacións
co Consello de Contas, mediante acordo por maioría simple.
Instruméntase do xeito seguinte:
- A solicitude da Xunta de Galicia, por acordo do seu Consello de
Goberno respecto da Administración pública da Comunidade
Autónoma.
- A petición das corporacións locais, logo de acordo dos seus
respectivos plenos.
- Asolicitude dun grupo parlamentario, mediante proposición non
de lei, xustificando na súa parte expositiva ou de antecedentes os
requisitos de urxencia e de extraordinaria importancia previstos no
artigo 63.3 do Regulamento do réxime interior do Consello de
Contas. A súa cualificación e admisión a trámite é competencia da
Mesa do Parlamento, e contra a súa decisión poderá formularse
escrito de reconsideración no prazo de dous días hábiles para os
efectos previstos no artigo 30.2 do Regulamento.
Art. 3. Solicitude de dictames e consultas.
A iniciativa correspóndelle ben á Mesa do Parlamento, ben a esta
Comisión parlamentaria, de oficio ou a petición dun grupo
parlamentario a través da proposición non de lei.
Art. 4. Facultades da Mesa desta Comisión parlamentaria.
A Mesa da Comisión é o órgano facultado para manter unha
relación permanente coa Comisión de Goberno do Consello de
Contas, para aproba-la orde do día da Comisión e para velar polo
cumprimento dos acordos adoptados no seu seo.
II Tramitación da memoria anual e do informe de fiscalización da Conta xeral
Art. 5. Remisión.
Unha vez que o Consello de Contas lle dea cumprimento ó
disposto nos artigos 62 e 63 do seu Regulamento de réxime interior,
a Mesa do Parlamento logo da cualificación, disporá a súa admisión
a trámite, a publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia
polo prazo de quince días hábiles e a súa remisión á Comisión
parlamentaria de Relacións co Consello de Contas.
Art. 6. Presentación.
- Rematado o prazo de publicación, a Mesa da Comisión
solicitará a comparecencia do conselleiro maior, asistido dos
conselleiros e funcionarios que estime oportuno, ante esta Comisión
parlamentaria para a celebración de sesión informativa.
- Por aplicación analóxica do correspondente precepto
regulamentario, desenvolverase pola canle establecida no artigo 143
do Regulamento, con posibilidade de réplica e dúplica.
Art. 7. Observacións ó programa de actividades e á liquidación
da Conta do Consello.
- Celebrada a comparecencia do conselleiro maior, os grupos
parlamentarios poderán formular, dentro dos tres días hábiles
seguintes, recomendacións ou suxestións respecto do programa de
traballo que se vai realizar ó longo do ano ou do balance de actividades realizadas, así como obxeccións respecto da súa liquidación de contas, partes
integrantes da memoria anual.
- De producirse, convocarase a Comisión para o seu estudio,
debate e votación, e, de ser aprobadas, daráselle traslado ó Consello
de Contas para o seu coñecemento.
De non producirse, entenderase que a Comisión lles prestou a súa
conformidade á memoria e á liquidación da Conta.
Art. 8. Dictame en Comisión do informe anual de fiscalización
da Conta xeral da Comunidade Autónoma.
- Unha vez celebrada a sesión informativa, os grupos
parlamentarios poderán presentar propostas de resolución,
congruentes co informe anual obxecto do debate, ante a Mesa da
Comisión dentro dos tres días hábiles seguintes á súa celebración. Así
mesmo, e tamén por escrito, designarán, se é o caso, un ponente.
- A Mesa da Comisión, unha vez cualificadas as propostas
presentadas, remitiralle as admitidas á Ponencia designada coa
finalidade de estudio do informe e das propostas de resolución
presentadas, formulando por escrito o seu pronunciament
- Publicada a proposta da Ponencia, a Mesa convocará a
Comisión para a elaboración do seu dictame.
- As propostas admitidas a trámite serán defendidas na Comisión
por un tempo máximo de dez minutos por cada grupo parlamentario.
O presidente poderá conceder unha rolda en contra de igual tempo,
trala defensa das mesmas.
Acto seguido, someteranse a votación segundo a orde de defensa
das mesmas, agás aquelas que comporten rexeitamento total do
contido do informe do Consello de Contas, que deberán ser votadas
nun primeiro lugar.
- Aprobada unha proposta, tódalas demais votaranse só no
referente ós puntos que sexan complementarios e non contradictorios
coa xa aprobada.
Art. 9. Debate e votación en Pleno.
- O dictame da Comisión e as propostas de resolución aprobadas
someteranse a debate e votación ante o Pleno do Parlamento.
Iniciarase coa presentación do dictame, seguido dunha rolda de
intervencións de cada un dos grupos parlamentarios para a defensa
das súas propostas de resolución, fixación da súa posición respecto
das demais, por un tempo conxunto de quince minutos.
- Finalizado o debate, iniciarase a votación do dictame de
Comisión e, de seguido, das propostas de resolución de cada grupo
parlamentario.
-
O acordo do Pleno do Parlamento publicarase no Boletín
Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia e
comunicaráselle ó Consello de Contas.
III Informes de fiscalización selectiva e dictames
Art. 10. Informes de fiscalización selectiva.
- Os restantes informes de fiscalización os que fai referencia o
artigo 63.3 do Regulamento de réxime do Consello de Contas, e que
deben presentarse no Parlamento, serán obxecto de debate e votación
no seo da Comisión Permanente non Lexislativa de Relacións co
Consello de Contas, logo da súa publicación polo prazo de quince
días hábiles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
- O debate en Comisión iniciarase coa presentación do informe
polo conselleiro maior do Consello de Contas ou membro do mesmo
que por razón de materia sexa designado para informar ante a
Cámara, asistido dos funcionarios que estime necesario. De contado
ou logo dunha suspensión non superior a trinta minutos, poderá facer
uso da palabra, por un tempo máximo de dez minutos, un
representante de cada grupo parlamentario. Trala contestación do
representante do Consello de Contas, tódolos grupos parlamentarios
que interviñeron no debate terán dereito a unha rolda de réplica para aclararen aspectos da súa anterior intervención, por un tempo non
superior a cinco minutos. Pecharase coa intervención do
representante do Consello, se é o caso.
- Rematado o debate e dentro dos tres días hábiles seguintes, os
grupos parlamentarios poderán presentar ante a Mesa da Comisión
propostas de resolución congruentes co informe selectivo obxecto de
debate.
- A defensa, o debate e maila votación das propostas de
resolución realizaranse polo procedemento establecido para as
propostas debatidas sobre o informe da Conta xeral, cun tempo de
intervención conxunta de dez minutos.
- As resolucións aprobadas pola Comisión sobre o devandito
informe publicaranse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
Art. 11. Emisión do díctame e consultas.
Os dictames e as consultas emitidos polo Consello de Contas
sobre as materias previstas no artigo 4.f) da Lei 6/1985, do 24 de
xuño, remitiránse á Mesa do Parlamento e á Comisión Permanente
non lexislativa para o seu coñecemento.
5. LEI 4/1986, DO 26 DE DECEMBRO, DE
MODIFICACIÓN DA LEI 6/1985, DO 24 DE
XUÑO, DO CONSELLO DE CONTAS
( DOG no 4, do 8 de xaneiro de 1987 )
Un dos principios organizativos das institucións públicas
responde á necesidade de axeita-los medios persoais e materiais con
que contan as demandas sociais e mesmo ó volume de traballo que
previsiblemente xerará a actividade pública que a institución ten que
atender.
Tal principio presidiu, dende o seu nacemento, a actuación dos
órganos que exercen os poderes da Comunidade Autónoma de
Galicia, aínda que sexa preciso recoñecer que a implantación dun
novo sistema de organización territorial do Estado se move nun
ámbito de indecisión ou marcha por un camiño que non sempre ten
un obxectivo ben definido, e isto precisamente é o que provoca
situacións que é preciso rectificar para que se logre unha verdadeira
correspondencia entre as necesidades sociais e a consideración que
merecen e precisan as institucións públicas, que non só están ó
servicio da sociedade senón que ademais deben ser proporcionadas as
finalidades que verdadeiramente as xustifican.
Estas reflexións veñen xustifica-lo desexo do Goberno de reducila
composición do Pleno do Consello de Contas de Galicia, que de
sete membros debe pasar a cinco.
Efectivamente, unha das ideas máis utilizadas na pasada
discusión dos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma foi a
que facía presente a necesidade de reducir do xeito máis razoable
posible os gastos de funcionamento.
Baseándose na mesma idea, o Goberno Galego considera que as
medidas tendentes a lograr unha reducción nos gastos poden e deben
iniciarse naqueles organismos que ó non estaren aínda en
funcionamento poden ser reconducidos sen dificultade a unha
dotación adecuada ó seu previsible volume de traballo, sen minguar
de ningún xeito a súa responsabilidade.
Por outra parte, unha consideración sobre o volume presupostario
da nova Comunidade ou, para dicilo doutra maneira, sobre os
programas de ingresos e gastos do noso sector público, fai patente
que as responsabilidades que teñen que atender son doadamente
atendibles, e seguramente máis eficazmente logradas, cun menor
número de membros, o que por outra parte facilitaría o labor de
escoller con moita máis seguridade e con maior acerto as persoas que
deban ser nomeadas Conselleiros de Contas.
Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de
conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da
Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
Presidente, promulgo en nome de El Rei, a Lei de modificación da
Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
Artigo 1. Os apartados 1, 2 e 4 do artigo 7 da Lei de Galicia
6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, quedarán redactados
do seguinte xeito:
- " O Pleno estará integrado por cinco Conselleiros, dos que un
será o Conselleiro maior.
- O Pleno quedará validamente constituído cando estean
presentes tres dos seus membros e os acordos serán adoptados por
maioría dos presentes.
- O Pleno será convocado polo Conselleiro maior a iniciativa
propia ou sempre que o soliciten polo menos dous dos seus
membros ".
Artigo 2. Redactaranse de acordo co previsto no parágrafo
anterior tódolos artigos subseguintes da Lei de Galicia 6/1985, do 24
de xuño, que son os seguintes:
- Os Conselleiros, en número de cinco, son designados polo
Parlamento mediante votación por maioría de tres quintas partes, para
un período de seis anos. Se se producisen vacantes, cubriranse de
acordo co establecido anteriormente e polo tempo que reste de mandato.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA
Na primeira sesión que se celebre despois de se constituí-lo
Consello de Contas, o Pleno debe designar ó chou tres Conselleiros,
o mandato dos cales durará tres anos. Transcorrido o devandito prazo,
o Pleno do Parlamento designará os novos Conselleiros na forma
establecida pola Lei.»
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1986.
Xerardo Fernández Albor
Presidente
6. SENTENCIA DO TRIBUNAL
CONSTITUCIONAL, 18/1991,
DO 31 DE XANEIRO
Pleno. Sentencia 18/1991, do 31 de xaneiro. Recurso de
inconstitucionalidade 890/1985. Promovido polo Goberno da
Nación contra determinados preceptos da Lei 6/1985, do 24 de xuño,
do Parlamento de Galicia, do Consello de Contas.
VER PARÁGRAFO 6 DA VERSIÓN EN CASTELÁN
( PÁXINA 93 )
7. ORDE DO 23 DE NOVEMBRO DE 1999, DA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA DA XUNTA
DE GALICIA POLA QUE SE MODIFICAA DO 1 DE
DECEMBRO DE 1989, POLA QUE SE IMPLANTA UN
NOVO SISTEMA DE INFORMACIÓN CONTABLE NA
XUNTA DE GALICIA
( DOG no 234, do 3 de decembro de 1999 )
A Orde do 1 de decembro de 1989, da Consellería de
Economía e Facenda, pola que se implanta un novo sistema de
información contable na Xunta de Galicia, establece un
procedemento en virtude do cal se lle remiten trimestralmente ó
Consello de Contas tódolos documentos contables realizados no
trimestre, acompañados de se-lo caso dos xustificantes
oportunos.
Este procedemento xera un gran volume de papel que
necesariamente ten que ser enviado desde as dependencias da
Administración ó Consello de Contas, o cal debe proceder ó
arquivo destes e á súa correcta conservación. O transcurso do
tempo e o incremento da actividade da Administración
supuxeron un progresivo aumento do volume de documentos,
chegando a crear importantes problemas relacionados co arquivo
destes.
Por outra parte, o desenvolvemento alcanzado nestes últimos
anos polas tecnoloxías da información favorece a formulación
dun novo procedemento que, mediante a utilización das ditas
tecnoloxías na rendición de contas pola Administración
autonómica, lle permita realizar ó Consello de Contas unha
actividade de control máis áxil, rápida e eficiente, favorecendo
o labor fiscalizador propio dese órgano.
Para dar resposta a esta situación, o Pleno do Consello de
Contas, reunido o 8 de xuño de 1999, acordou dirixirse á
Consellería de Economía e Facenda co fin de que se modifique
o proceso de remisión automática trimestral de copias de documentación ó dito consello, limitando a rendición de contas
ós estados financeiros e deixando de remitir a documentación
xustificativa, substituíndoa pola remisión da dita información
trimestral en soporte informático e a obriga de facilitar, no
momento e forma en que o Consello de Contas de Galicia o
considere necesario, a consulta dos expedientes e documentos
orixinais que se poidan requirir.
O día 10 de xuño, o Consello de Contas diríxese á
Consellería de Economía e Facenda manifestando o acordo
alcanzado.
A Consellería de Economía e Facenda, seguindo as
indicacións realizadas polo Consello de Contas e coa finalidade
de facilitar na maior medida posible a actividade do mencionado
consello, entende obrigado acomete-la modificación do
procedemento de remisión de información, para o cal se lle dá
nova redacción ó artigo 22 da Orde do 1 de decembro de 1989.
Artigo único.- Modifícase o artigo 22 da Orde do 1 de
decembro de 1989, da Consellería de Economía e Facenda, pola
que se implanta un novo sistema de información contable na
Xunta de Galicia, que queda redactado como segue:
«Artigo 22º
Un.- Con carácter xeral, a xustificación dos estados e contas
regulados neste capítulo está constituída polos documentos
contables acreditativos das operacións rexistradas, ós que se
xuntarán, se é o caso, os xustificantes destas e polos libros de
contabilidade nos que figuren anotadas as citadas operacións.
Dous.- Os xustificantes ós que se refire o punto anterior
permanecerán nas dependencias da Administración, quedando á
disposición do Consello de Contas para a súa consulta e exame.
Tres.- A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma
remitiralle ó Consello de Contas, con carácter trimestral e en
soporte informático, unha relación das operacións realizadas durante o trimestre. A Intervención Xeral establecerá, de acordo
coas indicacións do Consello de Contas, a estructura da
información proporcionada.».
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda
8. CIRCULAR DO 9 DE DECEMBRO DE 1999, DA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA, DA
XUNTA DE GALICIA, DE NORMAS RELATIVAS
Á DOCUMENTACIÓN A RENDER Ó CONSELLO
DE CONTAS
( DOG no 248, do 27 de decembro de 1999 )
O procedemento de remisión periódica de información ó Consello de
Contas establecido polo artigo 22 da Orde do 1 de decembro de 1989,
da Consellería de Economía e Facenda, vénse aplicando desde a súa
entrada en vigor ata a data. No dito procedemento prevese a obriga
da Administración de remitir con carácter trimestral unha serie de
documentación xustificativa.
A medida que a actuación da Administración foi crecendo, o
volume da documentación xustificativa desta foise incrementando,
chegando a xerar un serio problema para o arquivo e conservación de
toda a documentación por parte do Consello de Contas.
Por outra parte, o desenvolvemento alcanzado nestes últimos
anos polas tecnoloxías da información favorece a creación dun novo
procedemento que, mediante a utilización das ditas tecnoloxías na
rendición de contas pola Administración autonómica, lle permita
realizar ó Consello de Contas unha actividade de control máis axil,
rápida e eficiente, favorecendo o labor fiscalizador propio deste
órgano.
Co obxectivo de facer fronte a esta situación, ó Consello de
Contas formulou a posibilidade de modifica-la forma na que se
subministraba a información, propoñendo a substitución no
posible da documentación en papel por información en soporte
informático.
A iniciativa do Consello de Contas foi recollida pola Consellería
de Economía e Facenda, e como consecuencia disto, dictouse a Orde
de 23 de novembro de 1999 pola que se modifica o artigo 22 da Orde
do 1 de decembro de 1989, fixando un novo procedemento para a remisión da información ó Consello de Contas. Neste novo
procedemento substitúese a entrega de documentación pola obriga de
conserva-la documentación nas dependencias da Administración á
disposición do Consello de Contas e de remitir información en
soporte informático.
Co obxecto de adapta-la actividade dos órganos administrativos
involucrados ó novo procedemento, a Intervención Xeral da
Comunidade Autónoma, no exercicio das competencias que lle
atribúe o artigo 111 b) da Lei 11/1992, de réxime financeiro e
presupostario de Galicia, dicta as seguintes normas:
Primeira.- A Subdirección Xeral de Contabilidade elaborará no
mes seguinte á finalización de cada trimestre natural unha relación
das operacións realizadas pola Administración durante o trimestre.
A dita relación remitiráselle ó Consello de Contas en soporte
informático antes da finalización do mes. A información
correspondente ó último trimestre do exercicio deberase remitir antes
do 31 de marzo do exercicio seguinte.
Segunda.-A información será elaborada de maneira que
quede garantido o seu posible tratamento informático polo
Consello de Contas.
Nela estarán incluídos, como mínimo, os datos seguintes:
- - Número de referencia.
- - Número de operación.
- - Código de operación.
- - Data contable.
- - Descrición da operación.
- - Aplicación orzamentaria.
- - Proxecto.
- - Modalidade de financiamento.
- - Importe da operación.
- - Código de desconto.
- - Importe do desconto.
- - Tipo de pagamento.
- - Terceiro afectado.
- - Número de identificación fiscal (NIF) do terceiro afectado.
- - Endosatario.
Terceira.-A documentación ou xustificación que se lle xunte ós
documentos contables nos expedientes de gasto e en calquera das
súas fases de execución, con excepción da que corresponda a
nóminas de persoal e contas xustificativas de pagamentos para
xustificar, deberá remitila por cada centro xestor á correspondente
intervención por duplicado.
Unha vez concluídas as actuacións que en cada caso deban
desenvolverse nas intervencións, devolveráselle un exemplar dos
expedientes ó órgano xestor correspondente para o seu arquivo.
Os expedientes orixinais serán arquivados polo órgano xestor e
permanecerán á disposición do Consello de Contas, de
conformidade co establecido no artigo 47 do Regulamento de
réxime interior do Consello de Contas de Galicia e no artigo
22.dous da Orde do 1 de decembro de 1989, da Consellería de
Economía e Facenda, modificado pola Orde do 23 de novembro de
1999 da dita consellería.
As intervencións arquivarán un exemplar dos expedientes
ordenados polo número de referencia e iránselle engadindo a cada un
as sucesivas fases de execución, de forma que o expediente conteña
a totalidade de documentos e fases orixinadas.
Dos expedientes de pagamentos para xustificar as intervencións
conservarán un exemplar cotexado dos documentos contables e da
relación dos xustificantes que compoñen cada unha das contas
xustificativas dos ditos pagamentos. Outro exemplar da relación será remitido xunto cos xustificantes á secretaría correspondente, que
procederá ó seu arquivo para efectos do disposto no parágrafo
terceiro desta norma.
Dos expedientes de nóminas de persoal as intervencións
conservarán un exemplar cotexado dos documentos contables, da
relación de perceptores e da relación de aplicacións as que se imputa
o gasto. Outro exemplar de cada documento remitirase á secretaría
correspondente xunto coa documentación xustificativa da nómina
para o seu arquivo, para efectos do disposto no parágrafo terceiro da
presente norma.
Nos expedientes de subvencións, cando o elevado número de
perceptores así o esixa, as intervencións poderán substituí-las copias
da documentación xustificativa da cada un dos perceptores por unha
relación detallada na que figure a identificación e as cantidades
percibidas por todos e cada un dos perceptores da subvención. Os
documentos xustificantes correspondentes permanecerán en poder do
órgano xestor para efectos do disposto no parágrafo terceiro da
presente norma.
Cuarta.- Las normas que se dictan en la presente Circular entrarán en vigor el 1 de enero de 2000, y se aplicarán a la
documentación justificativa de las operaciones que realice la Administración a partir de dicha fecha.
As normas que se dictan nesta circular entrarán en vigor
o 1 de xaneiro de 2000, e aplicaranse á documentación xustificativa
das operacións que realice a Administración a partir da dita data. As intervencións delegadas deixarán de elabora-las remesas que
ata a data se viñan confeccionando para o seu envío trimestral ó
Consello de Contas.
Axustificación das operacións correspondentes ó cuarto trimestre
de 1999 rexerase polo establecido na circular do 28 de outubro de
1993, da Intervención Xeral da Comunidadc Autónoma. Para tal
efecto as intervencións delegadas prepararán durante o mes de
xaneiro as remesas comprensivas da documentación correspondente
ó cuarto trimestre de 1999 para a súa remisión ó Consello de Contas.
Quinta.- Sen prexuíxo do establecido na norma cuarta desta
circular, queda sen efecto a circular do 28 de outubro de 1993, da
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, referente ás instruccións sobre a remisión ó Consello de Contas de Galicia dos
documentos contables e os seus xustificantes tramitados polos
centros xestores do orzamento de gastos.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1999.
Fernando Soler Pareja
Interventor xeral da Comunidade Autónoma
9. ÍNDICE ANALÍTICO
§2- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas
§3- Regulamento de réxime interior do Consello
de Contas de Galicia
A
- ABSTENCIÓN
- 2. 14
- causas 3. 30
- substitución 3. 31
- ACTAS
- Pleno
- aprobación 2. 7.12
- competencia para redáctalas 2. 11.2, 3. 7.10
- manifestacións 3. 7.11
- voto particular 3. 7.9
- Comisión de goberno 3. 14
- ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
- 2. E.M., 2.a) y 3. 3.1 a y c, 36.2 c), 23.3, 28.4
- CONSTRIXIMENTO
- ASEMBLEA LEXISLATIVA TERRITORIAL
- AUDITORÍAS
- traslado das mesmas ó Consello de Contas 2. 23.3 3. 43, 1 y 3
- traslado á Sección de fiscalización 3. 45
- AVALES
- comprobación documental §3. 55.b
- os beneficiarios destos nos dous anos anteriores, non poderán ser designados Conselleiros de Contas §2. 12.3.0 §3. 26.4.f
- fiscalización polo Consello de Contas §2. 4.b) §3. 4.1.7
- traslado á Sección de fiscalización §3. 45
- AXUIZAMENTO
- Sección §2. 6.4.b §3. 16
- atribucións §2.5, 10.2 §3. 18
- procedemento
- supostos §3. 65
- práctica de información §3. 67
- informe §3. 66
- traslado ó Pleno §3. 68
- traslado ó Tribunal de Cuentas §3. 69
- delegación §3. 70
- iniciación procedemento §3. 71
- instrutor §3. 71
- secretario §3. 71
- prazos §3. 72
- proposta resolución §3. 73
- relator §3. 74
- resolución definitiva §3. 75
C
- CENSORES XURADOS DE CONTAS
- poden ser elixidos Conselleiros do Consello de Contas §2. 12.2
- CENSURA XURADA DE CONTAS
- aportación de informes ó Consello de Contas §2. 23.1
- COMISIONADOS
- designados polo Consello de Contas §2. 18.1 §3. 41
- funcións §2. 18 §3. 41
- supostos de inelixibilidade §2. 18.2, 12.3 §3. 26.4, 41.2
- COMISIÓN DE GOBERNO
- actas §3. 14
- acordos §3. 12
- composición y funcións §2.9 §3. 10
- orde do día §3. 13
- órgano do Consello §2. 6.3 §3. 5
- COMISIÓN PARLAMENTARIA
- eexpediente de responsabilidade §3. 34.2
- encargarase das relacións entre o Parlamento e o Consello
de Contas §2. 21
- informe sobre actividades §3. 9.5
- COMUNIDADE AUTÓNOMA
- incompatibilidades §2. Exposición de motivos §3. 27.2.g
- COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
- §2. Exposición de motivos
- fiscalización polo Consello de Contas da situación
e variacións do seu patrimonio §2. 4.d) §3. 1, 4.1.4
- sector público §3. 3
- CONSELLEIRO MAIOR
- atribucións §2. 8.4 §3. 9.4, 29.2, 31, 32
- cesamento §2. 8.2 §3. 9.2
- duración do cargo §2. 8.1 §3. 9.1, 28.2
- informes ante Comisión parlamentaria §3. 9.5
- membro do Pleno do Consello de Contas §2. 7.1 §3. 6.1
- membro da Comisión de goberno §2. 9.1 §3. 10
- nomeamento §2. 8.1 §3. 9.1
- órgano do Consello de Contas §2. 6.2 §3. 5.2
- responsabilidade disciplinaria §2. 15 §3. 33, 34.2
- substitución §2. 8.3 §3. 9.3
- CONSELLEIROS DO CONSELLO DE CONTAS
- causa de renovación §2. 12.1,D.A.2 §3. 26.1
- causas de substitución §3. 31
- causas de recusación §2. 14 §3. 32
- dirección actividade fiscalizadora §3. 54
- duración do cargo §2. 12.1 §3. 26.2
- eleccións §2. 12.1 y 2, §3. 26.1 y 3 D.T. 1.a y 2.a
- incompatibilidades §2. 13 §3. 9.4.1, 27, 29
- inelixibilidade: causas §2. 12.3 §3. 26.4
- membros do Pleno do Consello de Contas §2. 7.1 §3. 6.1
- membros das Seccións §2. 10 §3. 16.1
- membros da Comisión de Goberno §2. 9.1 §3. 10.1
- número §2. 12.1 §3. 26.1
- perda da condición: causas §2. 1 §3. 34
- privilexios §2. 12.2 §3. 26.3
- responsabilidade §2. 15 §3. 33
- situación administrativa tralo seu nomeamento §2. 12.4 §3. 28.3
- toma de posesión §3. 28
- suspensión de funcións §3. 34.3
- vacantes §2. 12.1 §3. 9.4.k, 26.1
- CONSEJEROS DO TRIBUNAL DE CUENTAS
- iincompatible coa condición de membro do
Consello de Contas §2. 13.2.d) §3. 23.2.d
- poden ser elixidos Conselleiros do Consello
de Contas §2. 12.2 §3. 26.3
- CONSELLO DE CONTAS
- ámbito de actuación §2. 2 §3. 3
- concepto §2. 1 §3. 1
- competencias xerais §2. 1, 3 §3. 1, 4
- deber de colaboración do sector público galego co Consello de Contas §2. 23 §3. 43.1
-
- consecuencias do incumprimento dos seus requerimentos §2. 23.2 §3. 43.2
- posta en coñecemento do Parlamento de Galicia a falta de colaboración §2. 23.2 §3. 43.2
- efectos dos requerimentos de inhibición feitos no procedemento de fiscalización §2. 24.2 §3. 87
- exame e comprobación da conta xeral da C.A. §2. 25.1
- funcións
- de fiscalización §2.4,10.1 §3. 4.1, 17, 50 y 55
- de axuizamento §2. 5, 10.2, 20.3 §3. 4.2, 18, 65 y 55
- iniciativa do procedemento para o exercicio da función fiscalizadora §2. 24.1 §3. 44
- medios de constrinximento que pode empregar §2. 27.1 §3. 86
- norma de réxime interior §2. D. final
- organización §2. 6-11 §3. 5-25
- funcionamento §2. 12-22 §3. 26-42
- documentación das actuacións do Consello de Contas §2. 19 §3. 62
- elaboración dunha memoria anual das súas actividades §2. 20 §3. 8.j, 21.g, 63
- membros §2. 12, D.T. 1.a y 2.a, 13, 14, 15, 16
- Órganos §2. 6-11 §3. 5-22
- persoal ó seu servizo §2. 17, 18 §3. 36-42
- relacións entre o Consello de Contas e o Parlamento §2. 21, 22 §3. 76, 77
- prazo de presentación de contas §2. 25 §3. 48
- posibilidade de propor á autoridade competente a apertura do procedemento sancionador §2. 27.2 §3. 86.2
- recepción de auditorías §2. 23.3 §3. 43.1 y 3, 45
- recepción das contas das Entidades Locais §2. 25.2
- CONSTITUCIÓN
- §2. Exposición de motivos, 20.1 a)
- CONTADANTES
- condición de contadante como causa de inelixibilidade §2. 12.3.c) §3. 26.4.e
- morosos §3. 46
- persoas que teñen esta condición §2. 26 §3. 20.2, 49
- CONTAS
- documentación §3. 47
- morosos §3. 46
- prazo para salvar omisións §3. 46
- presentación
- das do Consello §2. 22 §3. 77-80
- das Entidades locais §2. 25.2 §3. 48.C
- do Parlamento §3. 76
- da Xeral da C.A. §2. 25.1 §3. 48.a
- outras contas §3. 48.b, d, e
- CORPORACIÓNS
- corporacións que compoñen o sector público galego a efectos da Lei §2. 2 d) §3. 3.1.d
- á conta xeral da C.A. acompañarase a conta xeral das operacións realizadas por estas corporacións §2. 25.3
- deber de colaboración co Consello de Contas §2. 23 §3. 45
D
- DEFENSOR DO POBO
- iincompatible coa condición de membro do Consello de Contas §2. 13.2.f) §3. 27.2.f
- DELEGADOS INSTRUTORES
- nomeamento pola Comisión de Goberno do Consello de Contas §2. 9.2.e) §3. 10.2.g
- DEPUTADO CONGRESO DOS DEPUTADOS
- incompatible coa condición de membro do Consello de Contas §2. 13.2.b) §3. 27.2.b
- DEPUTADO PARLAMENTO DE GALICIA
- incompatible coa condición de membro do Consello de Contas §2. 13.2.a) §3. 27.2.a
- DIARIO OFICIAL DE GALICIA
- publicación do resultado da fiscalización §2. 19.1 §3. 62.1
- publicación das conclusións trala rendición de contas §2. 25.1
E
- EMPRESAS PÚBLICAS
- compoñen o sector público galego a efectos da Lei §2. 2 c) §3. 3.1.b y c
- deber de colaboración co Consello de Contas §2. 23.1 §3. 43
- ENTIDADES LOCAIS
- compoñen o sector público galego a efectos da Lei §2. 2 b) §3. 3.1.b
- cumprimento dos Orzamentos destas Entidades como un dos extremos da memoria anual a presentar polo Consello de Contas §2. 20.1.b) §3. 63.2.b, 64.1.b
- deber de colaboración co Consello de Contas §2. 23.1 §3. 43
- inspección destas entidades por expertos comisionados polo Consello de Contas §2. 18.1 §3. 41
- presentación das contas de cada exercicio: prazo §2. 25.2 §3. 48.c
- ESTATUTO DE AUTONOMÍA
- §2. Exposición de motivos, 2 d), §3. 9.4.ñ, 64.1.a 20.1.a), 25.3
- ENXUICIAMENTO
F
- FISCAIS
- poden ser elixidos Conselleiros do Consello de Contas §2. 12.2 §3. 26.3
- FISCALIZACIÓN
- procedemento
- contido §3. 64
- criterios §3. 50
- actuación complementaria §3. 51
- notificación do inicio da actividade §3. 52
- adscrición §3. 53
- dirección da actividade fiscalizadora §3. 54
- comprobación documental §3. 55
- instrumentación §3. 56
- verificación §3. 57
- conclusión §3. 58
- informe §3. 59
- inicio actividade §2. 24 §3. 2
- proposta de informe §3. 60
- tramitación do informe §3. 61
- traslado do informe §3. 62
- publicación do informe §3. 62
- Sección §2. 6.4.a) §3. 16
- atribucións §2. 4, 10.1 §3. 17
- FUNCIONARIOS PÚBLICOS
- contadantes os que teñan ó seu cargo caudais públicos §2. 26 a) §3. 49.a
- incompatible coa condición de membro do Consello de
Contas §2. 13.2 g) §3. 27.2.g
- persoal ó servizo do Consello de Contas §2. 17 §3. 35 y 55
- poden ser elixidos Conselleiros do Consello de Contas §2. 12.2 §3. 26.3
I
- INCOMPATIBILIDADES
- dos membros do Consello de Contas §2. 13 §3. 27
- do persoal do Consello §3. 42
- INTENDENTES MERCANTÍS
- poden ser elixidos Conselleiros do Consello de Contas §2. 12.2
- INTERVENTOR
- atribucións §3. 24
- nomeamento §3. 23
- INSTITUCIÓNS PÚBLICAS GALEGAS
- posibilidade de solicitar ditames e facer consultas ó
Consello de Contas §2. 4.f) §3. 4.1.8
J
- JUECES
- Las causas de incapacidad, incompatibilidad y prohibiciones establecidas para los mismos son aplicables a los miembros del Consello §2. 13.1
§3. 27
L
- LETRADO MAIOR
- LEI ORGÁNICA DE FINANCIAMENTO DAS CC.AA.
- §2. Exposición de motivos
- LEI ORGÁNICA DO TRIBUNAL DE CUENTAS
- en materia de axuizamento contable o Consello de Contas realizará tódalas funcións que lle delegue o Tribunal de Cuentas §2. 5.2 §3. 4.2.2, 70
- norma de dereito supletorio §2. D. adicional §3. D.A.
- LEI ORGÁNICA DO PODER XUDICIAL
- os membros do Consello de Contas están suxeitos as mesmas causas de incapacidade, incompatibilidade e prohibicións establecidas para os Xuíces por esta Lei §2. 13.1 §3. 27.1
- LEI DE XESTIÓN ECONÓMICA E FINANCEIRA PÚBLICA DE GALICIA
- os perceptores das subvencións correntes a que se refire a Lei teñen a condición de contadantes §2. 26 d) §3. 49.d
- LEIS REGULADORAS DOS INGRESOS E GASTOS DO SECTOR PÚBLICO DE GALICIA
- LETRADO MAIOR
- LICENCIADOS
- poden ser elixidos Conselleiros do Consello de Contas §2. 12.2 §3. 26.3
M
- MANDATO
- duración
- do Conselleiro Maior §2. 8.1 §3. 9.1
- dos Presidentes das Seccións §2. 12.1, D.T. 2.a §3. 26.1.2
- dos Conselleiros §2. 10.3 §3. 16.1
- MAXISTRADOS
- poden ser elixidos Conselleiros do Consello de Contas §2. 12.2 §3. 26.3
- MEMORIA ANUAL
- anexo na memoria §2. 22 §3. 63.2.f
- informe das actividades xurisdicionais do Consello de
Contas §2. 20.3 §3. 63.2.e
- proposta de medidas para mellora-la xestión económicofinanceira
pública §2. 20.2 §3. 63.2, 64.2
- proxecto de memoria: competencia para formalo
§2. 11.2 §3. 21.g
- MEMORIAS ORDINARIAS E EXTRAORDINARIAS
- MOCIÓNS
- MULTAS COERCITIVAS
- medio de constriximento §2. 27.1.b) §3. 86.1.b
- ssuxeitos pasivos
- funcionarios §2. 28.1, 2 e 4 §3. 87.1, 2 e 4
- particulares §2. 28.1 e 3 §3. 87.1 e 3
N
O
- ORGANISMOS AUTÓNOMOS
- cargos políticos ou administrativos nos do Estado,
CC.AA., ou Entidades Locais
- causa de incompatibilidade coa condición de membro do
Consello de Contas §2. 13.2.g) §3. 27.2
- da Administración Autonómica §2. 2.a) §3. 3.1.a
- das Entidades Locais §2. 2.b) §3. 3.1.b
- deber de colaboración co Consello de Contas
§2. 23.1 §3. 43
- os seus Presidentes ou Directores serán contadantes nas que
se deban render ó Consello de Contas
§2. 26 b) §3. 49.b
- Presidentes, Directores e membros dos seus Consellos de
Administración
- Causa de inelixibilidade para ser Conselleiro de Contas
§2. 12.3 b) §3. 26.4.b
P
- PARLAMENTO
- acepta a renuncia dos membros do Consello de Contas §2. 16.a) §3. 34.1.a
- aproba o proxecto de normas de réxime interior elaborado polo Consello de Contas §2. D. derradeira
- das relacións co Consello de Contas encargarase unha Comisión parlamentaria §2. 21 §3. 9.5
- delega no Consello de Contas para que proceda ó exame e comprobación da conta xeral da C.A. §2. 25.1
- designa os Conselleiros de Contas §2. 12.1 §3. 26.1
- envío das súas contas §3. 76
- examina as contas do Consello §2. 22 §3. 77
- nomea os membros do Consello de Contas §2. D.T. 1.a e 2.a
- o Consello pon no seu coñecemento a falta de colaboración das entidades obrigadas a prestala §2. 23.2 §3. 43.2
- pode inicia-lo procedemento para o exercicio da función fiscalizadora §2.24.1 §3.2.1,44.1
- pode pedir ó Consello de Contas informes ou memorias §2. 19.3 §3. 63.3
- recoñece a conta xeral das Entidades Locais §2. 25.2
- recibe a memoria anual §2. 20.1 §3. 63
- PERSOAL
- cadro de persoal §3. 8.j, 10.2.C
- clasificación §3. 36.1
- competencias §2. 3 §3. 36.2
- concepto §2. 17.1 §3. 35
- convocatorias §3. 10.2.f
- eventual §3. 40
- funcionarios §3. 37
- incompatibilidades §2. 17.2 §3. 42
- interinos §3. 38
- interventor §3. 23, 24
- laboral §3. 39
- letrado maior §3. 25
- nomeamento e contratación §2. 9.2.C §3. 10.2.d
- potestade disciplinaria §2. 9.2.d §3. 10.2.e
- réxime de traballo §2. 9.2.a §3. 10.2.b
- xefatura §2. 8.4.C §3. 9.4.d, 21.
- PLENO DO CONSELLO DE CONTAS
- composición §2. 7.1 §3. 6.1
- constitución e adopción de acordos §2. 7.2 §3. 6.2, 3
- convocatoria §2. 74.4 §3. 7.1
- coñece o anteproxecto de orzamentos do Consello e o proxecto de memoria anual §2. 11.2 §3. 8.d e j
- dicta declaración definitiva referente á conta xeral da C.A. §2. 25.1 §3. 63.2.a
- funcións §2. 7.3 §3. 8, 34.3, 60, 6, 74, 79, 82, 83.4
- órgano do Consello de Contas §2. 6.1 §3. 5.1
- pode delegar funcións na Comisión de Goberno §2. 9.2.f)
- PRAZOS
- de duración do mandato do Conselleiro Maior
§2. 8.1 §3. 9
- de duración do mandato dos Conselleiros
§2. 12.1, D.T. 2.a §3. 26.1 e 2
- de duración do mandato dos Presidentes das Seccións
§2. 10.3 §3. 16.1
- da emisión das contas de cada exercicio das Entidades
Locais ó Consello §2. 25.2 §3. 48.C
- de nomeamento dos membros do Consello polo Parlamento
desde a entrada en vigor da Lei
§2. D.T. 1.a
- do exame e comprobación da conta xeral da C.A. polo
Consello de Contas §2. 25.1 §3. 63.2
- para a elaboración dun proxecto de normas de réxime
interior polo Consello §2. D. derradeira
- prazo para salvar omisións §3. 45
- PRESIDENTES DAS SECCIÓNS
- duración do seu cargo §2. 10.3 §3. 16.1
- forman parte da Comisión de Goberno
§2. 9.1 §3. 10.1
- órgano competente para designalos
§2. 7.3.g), 10.3 §3. 8.f, 16.1
- PRESIDENTE DA XUNTA
- competente para nomear ó Conselleiro Maior
§2. 8.1 §3. 9.1, 9.4-j
- ORZAMENTO DO CONSELLO
- anteproxecto
- redacción polo Secretario Xeral
§2. 11.2 §3. 21.g, 81.1
- dotacións orzamentarias §3. 84
- Proxecto
- aprobación polo Pleno do Consello
§2. 7.3.c) §3. 8.d, 81.1
- integración nos Xerais da C.A. para a súa aprobación polo
Parlamento Galego §2. 3 §3. 82
- execución §3. 83
- ORZAMENTOS DAC.A., DAS ENTIDADES LOCAIS E ENTIDADES
SUXEITAS AFISCALIZACIÓN POLO CONSELLO
- cumprimento dos Orzamentos destas Entidades como un dos
extremos da memoria anual a presentar polo Consello de
Contas §2. 20.1.b) §3. 63
R
- RECUSACIÓN
- RENOVACIÓN E SUBSTITUCIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO
- §2. 12.1, D.T. 2ª §3. 26.2, 31
- RESPONSABILIDADE
- disciplinaria §2. 15 §3. 33
- indicación da responsabilidade en que se incorrese e medidas para esixila polo Consello §2. 19.2 §3. 64.2.b
- indicios de responsabilidade contable e axuizamento §2. 5.1, 10.2 §3. 4.2.1, 66.1, 67
- RÉXIME INTERIOR
- normas
- para a organización do goberno interno §2. 3 §3. 4.3.1
- para exerce-la potestade disciplinaria §2. 9.2.d) §3. 10.2
- para o desempeño das competencias gobernativas do Pleno da Comisión de Goberno e do Conselleiro Maior §2. 11.1 §3. 21.1 y n
- para establece-la responsabilidade disciplinaria do Conselleiro Maior e dos Conselleiros §2. 15 §3. 34.2 y 3
- para enumera-las obrigas do cargo de Conselleiro de Contas §2. 16.f) §3. 33
- proxecto: competencia para elaboralo §2. D. final §3. 8.c
- do persoal ó servizo do Consello de Contas §2. 17 §3. 35 y 55
S
- SECCIÓNS
- SECRETARÍA XERAL
- órgano do Consello de Contas §2. 6.5 §3. 5.4
- SECRETARIO XERAL
- contandante §3. 20.2
- funcións §2. 11, 28.3 §3. 8.9 y 11, 21, 23, 25, 45, 46, 87.3
- nomeamento §2. 7.3.h) §3. 20.1
- SECTOR PÚBLICO DA C.A.
- a efectos da Lei §2. 2 §3. 33
- SENADOR
- incompatible coa condición de membro do Consello de Contas §2. 13.2 c) §3. 27.2.c
T
- TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
- §2. Anexo II Vid. anexo II da versión en castelán.
- TRIBUNAL DE CONTAS
- §2. Exposición de motivos
- §3. 8.1, 9.4.h, 5, 13.2.d) 27.2.d, 62.2, 65, 69, 70, 75
- VID. LEI ORGÁNICA DO TRIBUNAL DE CONTAS
V
- VALEDOR DO POBO
- incompatible coa condición de membro do Consello de Contas §2. 13.2.e) §3.
- VOTACIÓNS
- adopción de acordos na Comisión de Goberno §3. 12.1
- adopción de acordos nas Seccións §3. 16.3
- adopción de acordos no Pleno §2. 7.2 §3. 6.2
- voto de calidade do Conselleiro Maior §2. 8.4.b) §3. 9.4.b
X
- XUICES
- as causas de incapacidade, incompatibilidade e prohibicións establecidas para os mesmos son aplicables os membros do Consello §2. 13.1 §3. 27
XUNTA DE GALICIA
- as auditorías practicadas polos servizos da Xunta serán trasladadas ó Consello de Contas §2. 23.3 §3. 43.3
- recibe as memorias ordinarias e extraordinarias remitidas polo Consello de Contas §2. 19.1 §3. 62.1
- ordena a publicación no DOG das conclusións trala rendición de contas §2. 25.1 §3. 62.1
- ser membro de órganos asesores da Xunta incompatible coa condición de membro do Consello §2. 13.2 i) §3. 27.2.1
- presidente §2. 8.1 §3. 9.1,9.4-j