O Consello de Contas de Galicia, ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego, foi creado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia. A Lei de Galicia 6/1985 que regula a súa organización e funcionamento foi modificada posteriormente pola Lei 4/1986, do 26 decembro. O Tribunal Constitucional na súa Sentencia 18/1991, do 31 de xaneiro, precisou que as competencias do Consello de Contas en materia de xulgamento serán exercidas por delegación do Tribunal de Cuentas.
Por acordo de 2 de xuño de 1992 da Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas, o Parlamento aprobou o Regulamento de réxime interior da Institución, ultimándose deste xeito o marco legal no que exerce as súas funcións.
O inicio das súas actividades producíuse o primeiro de marzo de 1991, ó tomaren posesión dos seus cargos os cinco conselleiros designados polo Parlamento de Galicia. De acordo co previsto na disposición transitoria 2ª da Lei do Consello de Contas, tres conselleiros foron renovados ós tres anos, isto é en xullo de 1994, para así poder axusta-los nomeamentos dos conselleiros a renovación parcial na forma legalmente establecida, mantendo a duración dos seus mandatos en seis anos. Posteriormente en 1995, 1997, 2000 e 2003 foron efectuados polo Parlamento de Galicia nomeamentos de conselleiros segundo se especifica no apartado seguinte.
Ó delimitar as competencias fiscalizadoras do Consello, a Lei 6/1985 sinala que o sector público galego está composto pola Administración Autonómica e as entidades locais, así como os seus organismos autónomos e empresas dependentes, as cámaras agrarias, da propiedade, de comercio, industria e navegación, confrarías de pescadores e outras de natureza equivalente. A Lei de Galicia 10/1996, somete á fiscalización do Consello ás fundacións constituídas maioritariamente ou na súa totalidade polas entidades da Comunidade Autónoma mencionadas ou ás que os seus ingresos proveñan maioritariamente de subvencións con cargo ós orzamentos da Comunidade, sempre que nos seus órganos de goberno ou dirección formen parte representantes da comunidade autónoma.
Como órgano estatutario que emana do Parlamento de Galicia o Consello de Contas exerce as súas funcións con plena independencia e sometemento ó ordenamento xurídico, actuando de oficio ou a petición do Parlamento de Galicia ou por delegación do Tribunal de Cuentas ou do Tribunal de Cuentas Europeo cos que ademais poda colaborar en tarefas fiscalizadoras.
A función fiscalizadora do Consello de Contas comprende a actividade económico e financeira e contable do sector público de Galicia, as subvencións, créditos, axudas, avais, e exencións fiscais concedidas por aquel, así como os contratos celebrados polos entes públicos sinalados, todo elo con criterios de legalidade, eficacia, eficiencia e economía. Ten ademais encomendado a emisión dos ditames e consultas que en materia de contabilidade pública e de xestión económica e financeira lle soliciten as institucións e os entes públicos.
Os traballos de fiscalización do Consello de Contas conclúense na emisión de informes que se presentan ó Parlamento de Galicia. Os informes de fiscalización realízanse ou ben a iniciativa do propio Consello de Contas que os inclúe no plan de traballo que anualmente se remite ó Parlamento de Galicia, ou ben a iniciativa deste último.
Os informes poden ser de dous tipos: de regularidade e operativos. Nos informes de fiscalización de regularidade verifícase o cumprimento da legalidade das contas anuais do ente fiscalizado, mentres que nos informes de fiscalización operativos analízase a eficacia ou grado de cumprimento de obxectivos, a eficiencia ou relación entre medios empregados e resultados, e a economía, ademais de outros posibles aspectos como a equidade, ecoloxía, etc. Pódese dar o caso de que un informe de fiscalización sexa integral: de regularidade e operativo.
Os informes, na fase de anteproxecto, unha vez coñecidos pola Sección de Fiscalización, sométense a alegacións dos entes fiscalizados. Á vista das alegacións formuladas redáctase, pola Área correspondente, un proxecto de informe que se somete á consideración da Sección de Fiscalización que acorda o seu pase ó Pleno para a súa aprobación. Unha vez aprobados polo Pleno, os informes remítense ó Parlamento de Galicia, á Xunta de Galicia, ós organismos e entidades fiscalizadas e ó Tribunal de Cuentas. O primeiro informe de fiscalización do sectro público galego presentouno o Consello de Contas o Parlamento o 29 de xaneiro de 1993, referente ó exercicio 1990.
A composición orgánica do Consello de Contas foi establecida polo artigo 6 da Lei 6/1985, do 24 de xuño. Segundo o disposto no mesmo, son órganos da Institución, o Pleno, o Conselleiro Maior, a Comisión de Goberno, as Seccións de Fiscalización e Axuizamento e a Secretaría Xeral. As funcións que corresponden a cada un destes órganos recóllense nos artigos comprendidos entre os números 7 e 11 do antedito texto legal.
Ao Pleno atribúenselle competencias en materia de fiscalización e axuizamento xunto con outras de réxime interno; os outros órganos exercen funcións de carácter máis específico: de fiscalización e axuizamento no caso das Seccións; de administración e réxime interno no da Comisión de Goberno.
Por outra banda, as atribucións do Conselleiro Maior están referidas á representación institucional, presidencia do Pleno e da Comisión de Goberno, convocatorias das súas sesións e outras de xestión interna (exercer a xefatura superior do persoal, a ordenación de gastos e pagamentos, a contratación de obras, servizos e suministracións)
Por último, a Secretaría Xeral constitúe un órgano de apoio aos anteriores.
O Pleno da Institución está integrado por D. Jose Antonio Orza Fernández, D. Ramón José Núñez Gamallo, D. Luciano Fariña Busto, D. Antonio López Díaz e D. Xesús C. Palmou Lorenzo, todos eles designados polo Pleno do Parlamento de Galicia. A proposta do Pleno do Consello de Contas de data 31 de xullo de 2007 noméase Conselleiro Maior, mediante Decreto 161/2007 do Presidente da Xunta de Galicia, a D. Antonio López Díaz.
O pleno do Consello de Contas, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 2007, designa como Presidente da Sección de Fiscalización a D. Luciano Fariña Busto. A totalidade dos conselleiros quedan adscritos ás dúas seccións.
RESOLUCIÓN DO 3 DE ABRIL DE 2009 POLA QUE SE ORDENA A PUBLICACIÓN DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DE 3 DE ABRIL DE 2009, QUE APROBOU ANUNCIAR A CONVOCATORIA PÚBLICA, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DUN POSTO VACANTE NA CITADA INSTITUCIÓN
RESOLUCIÓN DO 5 DE NOVEMBRO DE 2008 POLA QUE SE ORDENA A PUBLICACIÓN DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DE 29 DE OUTUBRO DE 2008, QUE APROBOU ANUNCIAR A CONVOCATORIA PÚBLICA, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DE UN POSTO VACANTE NA CITADA INSTITUCIÓN
RESOLUCIÓN DO 19 DE XULLO DE 2007 POLA QUE SE ORDENA A PUBLICACIÓN DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DE 17 DE XULLO DE 2007, QUE APROBOU ANUNCIAR A CONVOCATORIA PÚBLICA, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DUN POSTO VACANTE NA CITADA INSTITUCIÓN
RESOLUCIÓN DO 25 DE XANEIRO DE 2007 POLA QUE SE ORDENA A PUBLICACIÓN DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DE 18 DE XANEIRO DE 2007, QUE APROBOU ANUNCIAR A CONVOCATORIA PÚBLICA, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DE DOUS POSTOS VACANTES NA CITADA INSTITUCIÓN
RESOLUCIÓN DO 16 DE OUTUBRO DE 2006 POLA QUE SE ORDENA A PUBLICACIÓN DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DE 11 DE OUTUBRO DE 2006, QUE APROBOU ANUNCIAR A CONVOCATORIA PÚBLICA, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DE TRES POSTOS VACANTES NA CITADA INSTITUCIÓN.
RESOLUCIÓN DO 4 DE MAIO DE 2009 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 4 DE MAIO DE 2009, QUE RESOLVE A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DUN POSTO DE TRABALLO VACANTE NO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA.
RESOLUCIÓN DO 22 DE DECEMBRO DE 2008 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 19 DE DECEMBRO DE 2008, QUE RESOLVE A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DUN POSTO DE TRABALLO VACANTE NO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA.
RESOLUCIÓN DO 8 DE XANEIRO DE 2008 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 31 DE OUTUBRO DE 2007, QUE RESOLVE A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DUN POSTO DE TRABALLO VACANTE NO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA.
RESOLUCIÓN DO 18 DE ABRIL DE 2007 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 13 DE MARZO DE 2007, QUE RESOLVE A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DE DOUS POSTOS DE TRABALLO VACANTES NO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA.
RESOLUCIÓN DO 11 DE DECEMBRO DE 2006 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 20 DE NOVEMBRO DE 2006, QUE RESOLVE A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DE VARIOS POSTOS DE TRABALLO VACANTES NO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA
RESOLUCIÓN DO 18 DE ABRIL DE 2007 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 13 DE MARZO DE 2007, QUE RESOLVE A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DE DOUS POSTOS DE TRABALLO VACANTES NO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA.
RESOLUCIÓN DO 11 DE DECEMBRO DE 2006 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 20 DE NOVEMBRO DE 2006, QUE RESOLVE A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN, DE VARIOS POSTOS DE TRABALLO VACANTES NO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA
RESOLUCIÓN DO 4 DE ABRIL DE 2006 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DESTE CONSELLO DO 24 DE MARZO DE 2006, POLO QUE SE CONVOCA PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DUNHAPRAZA VACANTE NO CADRO DE PERSOAL LABORAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA
ACORDO DO 23 DE MAIO DE 2006, DO TRIBUNAL DESIGNADO PARA XULGAR O PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE ORDENANZA PERTENCENTE Ó PERSOAL LABORAL FIXO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA, POLO QUE SE FAI PÚBLICO O ACORDO QUE APROBA A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS E CAMBIOS NOS TRIBUNAIS
ACORDO DO 21 DE XUÑO DE 2006, DO TRIBUNAL DESIGNADO PARA XULGAR O PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE ORDENANZA PERTENCENTE Ó PERSOAL LABORAL FIXO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA, POLO QUE SE FAI PÚBLICO O ACORDO QUE APROBA A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS E A DATA DO PRIMEIRO EXAME
RESOLUCIÓN DO 16 DE OUTUBRO DE 2006 POLA QUE SE LLE DÁ CUMPRIMENTO Ó ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DO 11 DE OUTUBRO DE 2006, POLO QUE SE PROCEDE Á PUBLICACIÓN DA LISTA DEFINITIVA CO ASPIRANTE QUE SUPEROU O PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DE ORDENANZA (GRUPO V), DO SEU PERSOAL LABORAL FIXO
Prestación durante o exercicio 2009 do servizo de limpeza do edificio sede do Consello de Contas de Galicia, sito no número 7 da rúa de Domingo Fontán, en Santiago de Compostela, nas condicións que se sinalan no prego de prescricións técnicas.
Oitenta e seis mil oitocentos dezaoito euros, ó que haberá que aplicar o IVE a soportar pola Administración.
| Orzamento de licitación | 86.818,00 ¤ |
| IVE (16%) | 13.890,89 ¤ |
| TOTAL : | 100.708,88 ¤ |
D.O.G. n.º 243, de 16-DECEMBRO-2008.
Data límite: 05-XANEIRO-2009.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Consello de Contas de Galicia, Rúa Domingo Fontán, n.º 7, en Santiago de Compostela. Tamén poderán presentarse as proposicións por correo, do xeito e cos requisitos previstos no art. 80 do RXLCAP, estando excluído como medio de anuncio de remisión de oferta o correo electrónico.
PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS
PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS
Prestación durante o período que vai do 1 de xullo de 2008 ó 31 de decembro de 2009 do servizo de vixilancia do edificio sede do Consello de Contas de Galicia, situada no número 7 da rúa de Domingo Fontán, en Santiago de Compostela.
Douscentos cincuenta e dous mil catrocentos cincuenta e catro euros con sesenta e tres céntimos (252.454,63 euros), IVE incluso.
D.O.G. nº 46, de 05/03/2008.
Data límite: 22/03/2008.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Consello de Contas de Galicia, Rúa Domingo Fontán, nº 7, en Santiago de Compostela. Tamén poderán presentarse as proposicións por correo, do xeito e cos requisitos previstos no art. 80 do RXLCAP, estando excluído como medio de anuncio de remisión de oferta o correo electrónico.
PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS
PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS