Endebedamento por habitante |
Este indicador distribúe a débeda total da entidade entre o número de habitantes, e ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño. Máis información |
Gasto público por habitante |
Este indicador distribúe o gasto público total entre o número de habitantes e analiza a súa evolución no tempo. Máis información |
Ingreso público por habitante |
Este indicador distribúe o ingreso público total entre o número de habitantes e analiza a súa evolución no tempo. Máis información |
Índice de participación nos tributos do Estado e CCAA |
Este indicador reflicte a proporción que representan os ingresos orzamentarios procedentes da participación nos tributos do Estado e Comunidades autónomas en relación coa totalidade de ingresos orzamentarios do exercicio. Máis información |
Finalidade do gasto público por habitante |
Este indicador distribúe o gasto público total entre o número de habitantes atendendo á súa finalidade e analiza a súa evolución no tempo. Máis información |
Detalle finalidade do gasto público |
Este informe permite realizar unha análise mais detallada, seleccionando ás diferentes áreas, políticas e programas de gasto, permitindo a análise conxunta polos conceptos económicos do gasto nos que se desagrega a clasificación económica, e deste xeito, valorar en que áreas se incorre en maior gasto e de que tipo é ese gasto. Máis información |
Endebedamento financeiro sobre ingresos correntes |
Este indicador reflicte a proporción dos ingresos correntes que financian o endebedamento financeiro. Máis información |
Período estimado de amortización do endebedamento financeiro |
Este indicador reflicte o período en anos necesario para que a entidade poida amortizar o seu endebedamento financeiro de manterse o aforro bruto do exercicio. Máis información |
Índice de operacións pendentes de aplicar |
Este indicador reflicte a porcentaxe que supoñen as obrigas pendentes de aplicar ao orzamento sobre o total do mesmo.
Máis información |