Composición do Consello de Contas

A composición orgánica do Consello de Contas foi establecida polo artigo 6 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, modificada pola Lei 8/2015, do 7 de agosto.

Segundo o disposto nese artigo, son órganos da Institución:

  • O Pleno
  • O Conselleiro Maior
  • A Comisión de Goberno
  • As Seccións: Sección de Fiscalización, Sección de  Enxuizamento e Sección de Prevención da corrupción
  • Os conselleiros e conselleiras
  • A Secretaría Xeral

As atribucións do Conselleiro Maior están referidas á representación institucional, presidencia do Pleno e da Comisión de Goberno, convocatorias das súas sesións, e outras de xestión interna (exercer a xefatura superior de persoal, ordenación de gastos e pagos, contratación de obras, servizos e subministracións...).