O Consello de Contas organiza, en colaboración coa Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) unha xornada formativa sobre a supervisión continua das entidades instrumentais do sector público.

O pasado 8 de xullo o Consello de Contas organizou, en colaboración coa Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE), unha xornada formativa sobre a supervisión continua das entidades instrumentais do sector público.

Nesta reunión abordouse o sistema implantado pola IGAE para avaliar, a través de diferentes indicadores, se se manteñen as razóns que xustificaron a creación das entidades instrumentais que forman parte das distintas administracións.

A esta xornada acudiu o persoal do Consello de Contas e contou coa presenza do director da Oficina Nacional de Auditoría da IGAE, Jorge Castejón, o interventor xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, Arturo López, e o conselleiro da Área de Institucional, Anxo Calvo.