O Consello de Contas organiza os XIV Encontros técnicos dos Órganos de Control Externo e o IX Foro tecnolóxico.

Os días 2 e 3 de decembro celebráronse en Santiago de Compostela os XIV Encontros técnicos e o IX Foro tecnolóxico dos Órganos de Control Externo (OCEX), organizados polo Consello de Contas.

Estas xornadas acolleron a profesionais das diferentes institucións de control externo que debateron sobre aspectos relacionados co lema dos encontros, a “Auditoría de resposta ao COVID-19 e da implementación da Iniciativa Next Generation European Union”.

A inauguración e a clausura dos encontros correron a cargo do conselleiro maior, e contouse coa presenza dos presidentes dos OCEX, do presidente do Parlamento de Galicia e do conselleiro de Facenda e Administración Pública. Os conselleiros das diferentes áreas de fiscalización del Consello interviñeron activamente nas sesións de traballo, así como o persoal do Consello de Contas que coordinou os diferentes grupos de traballo, presentando tamén diversas ponencias e comunicacións.