Publicado o Calendario 2022 de obrigas de remisión de información polas Entidades Locais de Galicia ao Consello de Contas

Co obxecto de facilitar o cumprimento das obrigas de remisión de información por parte das Entidades Locais de Galicia ao Consello de Contas, publícase o calendario 2022 de datas límite e documentación a remitir no presente exercicio.

Ademais publícase unha circular informativa que será obxecto de actuailzación permanente na web do Consello de Contas en relación coas principais novidades relativas á rendición de contas das entidades locais.