Datos de rendición das contas xerais das entidades locais de Galicia

Resumo xeral da rendición Cadro de mando que pretende ofrecer unha visión xeral da rendición da conta xeral do exercicio seleccionado. As gráficas son interactivas: permiten modificar as cifras amosadas seleccionado a provincia, tipo de entidade e tramo de poboación. Máis información
Estado de rendición Información de detalle da rendición da conta xeral seleccionada. Pódese seleccionar unha entidade e un exercicio, unha entidade e varios exercicios, varias entidades e varios exercicios ou calquera outra combinación dispoñible cos selectores. Máis información
Evolución da rendición Resumo xeral que pretende ofrecer unha visión de como evoluciona o cumprimento da obriga de render as contas xerais ao longo dos exercicios. Máis información
Índice esforzo fiscal Esforzo fiscal calculado segundo os datos de recadación dos capítulos I a III, correspondentes ao exercicio seleccionado e obtidos a partir das contas de concellos rendidas en prazo e forma. Máis información

Análise dispoñibles

A análise que se ofrecen neste portal contan con gráficas son interactivas: permiten modificar as cifras amosadas utilizando os selectores que que figuran na parte superior de cada pantalla (exercicio, Comunidade Autónoma, provincia, tipo de entidade, etc.).

Normativa

O artigo 223 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL) impón ás entidades locais a obriga de render as súas contas antes do 15 de outubro de cada ano seguinte ao exercicio a que aquelas se refiren, establecendo o devandito TRLRFL e as diversas instrucións de contabilidade que determinan o seu contido, estrutura e normas de elaboración, que a Conta xeral da entidade local estará formada pola conta da propia entidade así como pola conta de todos os organismos e sociedades delas dependentes, ao que se engadirá como documentación complementaria:

  • As actas de arqueo das existencias en caixa e as certificacións bancarias dos saldos existentes a fin de exercicio e, en caso de discrepancia, o oportuno estado conciliatorio.
  • As memorias xustificativas do custo e rendemento dos servizos públicos, e demostrativas do grao de cumprimento dos obxectivos programados, ás que se refire o artigo 211 do TRLRFL.

Fontes da información

A información que se presenta obtense da rendición da conta xeral que efectúan as entidades locais de Galicia a través da Plataforma de rendición de contas das entidades locais.

Unha vez recibida a conta xeral, procédese a súa análise, o que determina a súa clasificación nalgunha das seguintes categorías:

  • Conta rendida en prazo (por cumprir a obriga de rendición en prazo -antes do 15 de outubro do ano seguinte- e forma debida). 
  • Conta rendida fóra de prazo (por cumprir en forma debida pero fóra de prazo).
  • Conta recibida con defectos que comportan a consideración de conta non rendida,

As contas rendidas clasifícanse á súa vez en :

  • Contas rendidas por carecer de defectos ou ser estes exclusivamente defectos na tramitación da conta xeral (que por natureza non son subsanables).
  • Contas rendidas con defectos leves, por presentar as contas defectos de coherencia interna entre os distintos estados contables, defectos que poden ser obxecto de corrección pola entidade local.

Pola súa parte, as contas con defectos que comportan a consideración de conta non rendida clasifícanse atendendo ao defecto no que incorren:

  • Conta xeral con defectos de integridade, por non incluír a totalidade de entidades dependentes da entidade local.
  • Conta xeral que non inclúe as memorias esixidas polo TRLRFL
  • Conta xeral que non inclúe as actas de arqueo das existencias en caixa e as certificacións bancarias dos saldos existentes a fin de exercicio.

Índice de esforzo fiscal

As sucesivas leis anuais de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia determinan no seu articulado os criterios para repartir o Fondo de Cooperación Local, indicando que as cantidades asignadas a cada concello en función das variables número de habitantes, poboación de más de 65 anos, superficie e número de núcleos de poboación serán obxecto de modulación, mediante a aplicación, con efectos redistributivos, da variable esforzo fiscal, para cuxo cálculo se utilizarán os datos de recadación correspondentes ao último exercicio dispoñible obtidos a partir das contas rendidas en prazo e forma, de conformidade co esixido pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.

Ao obxecto de facilitar a aplicación desta variable de esforzo fiscal na liquidación do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, o Consello de Contas publica os datos de recadación dos concellos de Galicia que renderon a conta xeral de cada exercicio en prazo e forma debida. A relación comprende os seguintes artigos do orzamento de ingresos, segundo a nomenclatura da Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais.

  • Artigo 10: Impostos sobre a renda
  • Artigo 11: Imposto sobre o capital.
  • Artigo 13: Imposto sobre actividades económicas.
  • Artigo 21: Impostos indirectos sobre o valor engadido
  • Artigo 22: Imposto sobre consumos específicos
  • Artigo 29: Outros impostos indirectos
  • Artigo 30: Taxas por prestación de servizos públicos básicos.
  • Artigo 31: Taxas por prestación de servizos públicos de carácter social
  • Artigo 32: Taxas por realización de actividades de competencia local.
  • Artigo 33: Taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local

Descarga da relación certificada a data 1 de xaneiro do exercicio 2021 dos datos de recadación dos capítulos I a III (PDF, pegada dixital SHA-256 4d4567bf490044a04e06b6541cc5ee912ead9030eb86b5ddf6424365add409bf)

Descarga da relación certificada a data 1 de xaneiro do exercicio 2021 dos datos de recadación dos capítulos I a III (Excel, pegada dixital SHA-256 29646a75ea3a73f8b340713d980459e8a58c8795ee177a43870d39642864b3a5)