Vostede está aquí

Órganos

Composición do Consello de Contas

A composición orgánica do Consello de Contas foi establecida polo artigo 6 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, modificada pola Lei 8/2015, do 7 de agosto.

Segundo o disposto nese artigo, son órganos da Institución:

  • O Pleno
  • O Conselleiro Maior
  • A Comisión de Goberno
  • As Seccións: Sección de Fiscalización, Sección de  Enxuizamento e Sección de Prevención da corrupción
  • Os conselleiros e conselleiras
  • A Secretaría Xeral

As atribucións do Conselleiro Maior están referidas á representación institucional, presidencia do Pleno e da Comisión de Goberno, convocatorias das súas sesións, e outras de xestión interna (exercer a xefatura superior de persoal, ordenación de gastos e pagos, contratación de obras, servizos e subministracións...).

Pleno do Consello de Contas de Galicia

Ao Pleno atribúenselle competencias en materia de fiscalización e axuizamento xunto con outras de réxime interno. A continuación detállase a súa composición.

Presidente

Vogais

Secretaria

  • Dª Ana Ornilla Gillamón

Comisión de Goberno

A Comisión de Goberno está constituída polo conselleiro maior e os conselleiros presidentes das seccións, asistidos pola secretaría xeral. Correspóndenlle, entre outras, as funcións relativas ao nomeamento e a contratación do persoal, goberno e administración.

Conselleiro Maior

O Conselleiro Maior representa ao Consello de Contas; convoca e preside o Pleno e a Comisión de Goberno. Correspóndelle, entre outras funcións, a xefatura superior do persoal e autorizar as adquisicións de bens e contratacións necesarias para o bo funcionamento do Consello.

As seccións

As Seccións de Fiscalización e Axuizamento, como órganos de goberno do Consello de Contas de Galicia, están integradas polos presidentes respectivos e polos conselleiros que ás mesmas adscriba o Pleno. Os presidentes serán designados polo Pleno por un período de tres anos e poderán ser reelixidos.

Á Sección  de Fiscalización correspóndelle, entre outras funcións, a verificación da contabilidade das entidades do sector público da Comunidade Autónoma e o exame e comprobación das súas contas.