Vostede está aquí

Novas

venres, 29 Xullo 2022, 10:01

O Consello de Contas remitiu hoxe ao Parlamento de Galicia a súa memoria e as súas contas correspondentes ao ano 2021 e informes que se atopan publicados na páxina web da Institución

 

mércores, 27 Xullo 2022, 11:13

Hoxe tomaron posesión como conselleiros do Consello de Contas, perante a Mesa do Parlamento de Galicia, Constantino Carreiras Souto e Simón Rego Vilar, elixidos polo Parlamento de Galicia o pasado 12 de xullo de 2022.

 

luns, 11 Xullo 2022, 13:31

O pasado 8 de xullo o Consello de Contas organizou, en colaboración coa Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE), unha xornada formativa sobre a supervisión continua das entidades instrumentais do sector público.

 

venres, 10 Xuño 2022, 13:54

Onte publicouse no Diario oficial de Galicia a modificación das bases reguladoras e a convocatoria da terceira edición do Premio Carlos G. Otero Díaz.

venres, 10 Xuño 2022, 11:28

Onte, na Conferencia de presidentes de  ASOCEX celebrada na Facultade de Dereito da Universidade de Alcalá de Henares, tomou posesión como novo presidente o conselleiro  maior do  Consello de Contas, José Antonio Redondo López, substituíndo ao  síndico maior da  Sindicatura de  Comptes da  Comunitat Valenciana,  Vicent  Cucarella, que puxo fin a un ano de mandato.

venres, 10 Xuño 2022, 10:28

O Tribunal de Contas e os Órganos de Control Externo das Comunidades Autónomas mantiveron onte a reunión semestral da Comisión de Coordinación de presidentes. Durante o encontro, que de forma excepcional tivo lugar na Facultade de Dereito da Universidade de Alcalá nun xesto de alianza e proximidade coas universidades, os responsables das ICEX abordaron diversas cuestións de interese común relativas ao control da actividade económico-financeira do sector público español e a utilización conxunta de novas ferramentas tecnolóxicas para o mellor desenvolvemento destas fiscalizacións.

 

xoves, 9 Xuño 2022, 11:20

O Consello de Contas de Galicia participou nas Xornadas organizadas pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e a Comisión Galega da Competencia, realizadas en Santiago de Compostela o 8 de xuño de 2022, no marco do proxecto da CNMC sobre concellos e competencia.

 

xoves, 9 Xuño 2022, 11:10

.Publicado o número 79 da Revista de Auditoría Pública, revista dos Órganos Autonómicos de control externo.

 

venres, 3 Xuño 2022, 15:25

O Consello de Contas de Galicia, na súa condición de observador permanente, participou no X Encontro da Rede de Oficinas e Axencias Antifraude de España que se celebrou o día 31 de maio de 2022 na sede da Oficina Municipal contra o Fraude e a Corrupción do Concello de Madrid.

 

venres, 3 Xuño 2022, 13:05

O conselleiro da Área de Institucional, Anxo Calvo, acompañado da letrada maior do Consello, Patricia Iglesias, reuníronse onte co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, e co fiscal xefe provincial de A Coruña, Javier Rey, no seo da comisión de seguimento do protocolo de colaboración asinado entre o Consello de Contas e a Fiscalía para a prevención da corrupción.

 

Páxinas